Yolanda Díaz denunciou a falta de vontade política para manter a actividade do estaleiro de Vigo.
Audio: https://bit.ly/2Sp2WXW
Resposta:
Madrid, 16 de xullo de 2019. A voceira de Galicia en Común vén de recibir a resposta do Goberno á batería de preguntas presentadas en relación á problemática do estaleiro Vulcano e denuncia a falta de vontade política para manter a súa actividade.
«Este estaleiro é unha icona para a ría de Vigo e un exemplo de bo facer no sector naval. Curiosamente estamos a piques de que peche as portas, no só polo proceso de liquidación no que está inmerso, senón porque parece que hai falta de vontade política para manter a actividade do estaleiro», denunciou a deputada.
Díaz mostrou a súa sorpresa polo que avanza o Goberno, que di que está seguindo as novas pola prensa, pero sen iniciativas políticas para defendelo.
«Son coñecidas as propostas sindicais para a transformación do estaleiro nun centro de reparación ou un centro doutras características. Calquera saída é vital para non pechar o estaleiro», incidiu a deputada.
Sobre o rol do Ministerio en colaboración coa Xunta de Galicia, o debate está en que o sector naval é estratéxico, «non hai moitos estaleiros no mundo, e para Galicia en Común é fundamental a permanencia de Vulcano».
Ante esta situación, Díaz incidiu na necesidade de conformar un novo Goberno e denuncia a «deixadez do Goberno en funcións».
«Para isto non é necesario ter un Ministerio de Industria, desde logo o que nos gustaría é que de maneira activa o Goberno defenda un sector estratéxico como é o sector naval», incidiu.