Madrid, 3 de xullo de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas ao Goberno en relación á concesión da Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco ao actual xefe do Exército de Terra brasileño, o xeneral Edson Leal Pujol.
Gómez-Reino denuncia a asignación deste recoñecemento a un militar que defende a ditadura militar e golpista en Brasil. Leal Pujol, en declaracións públicas, considerou a ditadura unha “salvación” ante unha posible implantación dun réxime de esquerdas en Brasil.
«Ten previsto o Goberno retirar a desafortunada concesión da Cruz do Mérito Militar ao señor Leal?», pregunta Gómez.Reino.
O deputado de Galicia en Común esixe ao Executivo que explique as razóns que levaron a tomar esta polémica decisión e pregunta pola intención de retirar esta desafortunada concesión.
Ademais, pide que aclaren os méritos que xustifican a concesión do distintivo e pregunta pola influencia da concesión da Orden do Mérito Militar ao xeneral Francisco Javier Varela Salas, Xefe do Estado Maior del Exército de Terra español, por parte do Goberno de Brasil.