«Se se deixa o proxecto para o 2020 non teremos Biblioteca en Vigo en catro anos», denunciou Yolanda Díaz.
Respuesta:
Madrid, 17 de setembro de 2019. O Goberno vén de responder a Galicia en Común que o obxectivo do Ministerio de Cultura será diseñar o proxecto básico da Biblioteca do Estado en Vigo para o ano 2020.
«Ante as preguntas de Galicia en Común sobre a Biblioteca do Estado en Vigo, unha vez máis sorpresa pola resposta do Goberno en funcións porque argumentan que non teremos proxecto de execución non antes do 2020», denunciou a voceira Yolanda Díaz.
O obxectivo do Ministerio sería dispoñer do proxecto básico no ano 2020 para a tramitación de licencias e autorizacións, polo que o proxecto de execución non sería ata o 2021.
«Se non temos proxecto antes de 2020 é que non teremos Biblioteca do Estado en Vigo ata dentro de polo menos 4 anos», denunciou Díaz.
A deputada lembrou que estamos pedindo que con «carácter urxente» se execute e se practique o proxecto de execución e que procedan -parécenos ben que os técnicos elixan a fórmula do solar- á licitación das obras para que nun prazo razonable de tempo ter rematadas as obras».