Galicia en Común pide coñecer as medidas para combater as consecuencias dos aranceis de Trump nos sectores produtivos galegos

A Coruña, 10 de outubro de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, anunciou este xoves a petición dunha xuntanza ao ministro Luis Planas para coñecer o tipo de medidas que se queren poñer en práctica para combater as consecuencias dos aranceis de Trump para os sectores produtivos galegos.

«Os aranceis de Trump poden afectar moito aos nosos sectores produtivos, como o sector porcino ou vacuno e a exportación de viño, entre outras cousas», denunciou o deputado, que pediu «abrir unha reflexión» sobre o «privilexio» dun actor como EEUU no ámbito comercial e xeopolítico.

O deputado incidiu en que os novos aranceis farán caer sobre o sector agroalimentario «as consecuencias dunha guerra comercial respecto a quen non se ten ningún tipo de responsabilidade.

«Traerá consigo graves consecuencias para as empresas, traballadores e territorios, por iso queremos coñecer que medidas adoptará o Goberno para paliar a presión de EEUU sobre os produtos da UE», incidiu.

Ademais, desde Galicia en Común avanzou que queremos coñecer se, ante a belixerancia da Administración Trump cos produto europeos, o Goberno plantexa reconsiderar as alianzas comerciais con EEUU.

CONSELLO DE EUROPA

O deputado, que tomou posesión fai uns días como novo membro da Delegación de España ante o Consello de a Europa, en representación do Grupo Confederal de Unidas Podemos- En Comú Podem- Galicia en Común, avanzou que levará a Estrasburgo dúas iniciativas que afecta aos galegos e galegas.

«En primeiro lugar, estamos preparando unha iniciativa para levar ao respecto das rías galegas, e en particular pola ría do Burgo», avanzou Gómez-Reino.

Ademais, tamén se levará «un informe en materia de Memoria Histórica, tanto pola Casa Cornide como o Pazo de Meirás, para demandar unha solución a esta problemática, xa que o Goberno, que se di estar tan preocupado pola Memoria, non está investigando o caso da Casa Cornide e ignota o Pazo de Meirás».

«Desde Galicia en Común xa preguntamos ao Goberno ao respecto de se vai dar un paso adiante para investigar as problemáticas na titularidade da casa Cornide, que como parece pode ser irregular, por iso levaremos esta cuestión ao Consello de Europa», incidiu.