Galicia en Común pide en Vigo unha rectificación de Sánchez por decir «que a Fiscalía estaba a disposición do seu Executivo»


Yolanda Díaz destacou no acto desta tarde, no Museo do Mar, o motor económico e social que representa Vigo para o país: cómpre defender e potenciar os seus sectores produtivos e estratéxicos nas Cortes, como levamos facendo estes anos. «Falo do sector do naval, que está en risco tanto por Vulcano como por Barreras, pero tamén da automoción, da pesca, do marisqueo. Temos que dar futuro».

Vigo, 6 de novembro de 2019. O Museo do Mar acolleu este mércores un multitudinario acto de En Común Unidas Podemos, que contou coa presenza das candidatas da provincia, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez (Pam), xunto con Antón Gómez-Reino, Eva Solla e os convidados Juan Carlos Monedero e  María Eugenia R. Palop.

«Estamos en Vigo nun acto ben fermoso, cheo de xente. Neste contexto, queremos destacar que estamos na cidade máis importante do noso país, é un auténtico motor económico e social, polo que cómpre defender as súas necesidades, os sectores produtivos e estratéxicos que poden estar en risco de perda. Falo do sector do naval, que está en risco tanto por Vulcano como por Barreras», sinalou Díaz. 

A deputada sinalou que é preciso «un redimensionamento do que debe ser o naval en Vigo, é un sector con moito futuro e temos que pular polo investimento, pola investigación, para desenvolver produtos que van máis aló dos buques e barcos».

Ademais, resaltou o sector da automoción, que «é clave» pero tamén o telemarketing, porque «moitas mulleres desta cidade están vivindo en condicións de precariedade e están sufrindo deslocalizacións, xa que vemos moitas empresas que se están deslocalizando a diario para Portugal».

«Temos que ter Gobernos soberanos, gobernos que actúen e que defendan unha Lei anti deslocalización. Non pode acontecer que se estén reproducindo como esporas empresas galegas que practican dumping social con Portugal», denunciou.

A candidata tamén falou dun sector fundamental, ligado ao mar e á súa riqueza marítima. «A nosa aposta é firme: primeiro pola dignificación das condicións de traballo, tamén estamos pedindo que é necesario a ratificación do convenio do mar, o 188. Non entendemos o motivo de que non estea ratificado. E incidimos na necesidade de mellora das condicións das mulleres do mar, as mariscadoras, redeiras».

CRÍTICA A SÁNCHEZ

A deputada aproveitou o mitin para denunciar a falta de seriedade e resposabilidade de Sánchez. «Estamos moi preocupadas. É gravísimo que hoxe con contundecia dixera que a Fiscalía estaba a disposición do seu Executivo, pedimos a súa rectificación», sinalou.

Ante isto, a candidata fixo un chamado ao PSdeG e o PSOE para rectificar as palabras de Ábalos: «É unha falta de respecto o que hoxe dixo das persoas en desemprego. As súas palabras son falsas e é unha falta de respecto ás persoas e ás familias que teñen aos seus membros en paro».

Ante isto, Díaz dirixiuse ás persoas socialistas e pediulles «que non perdan a esperanza, e voten á esquerda para mudar ás nosas políticas».

Pola súa banda, a número dous da provincia, Ángela Rodríguez, puxo o foco na violencia machista e nos coidados.

«Non imos dar un paso atrás, nin unha soa lección de feminismo de Pedro Sanchez. Feminismo é dotar de orzamento ao pacto de estado contra a violencia», sinalou a candidata.

Ademais, resaltou que se a cidadanía quere que haxa «un sistema nacional de coidados, con recursos, ten que contar con nós».

Antón Gómez-Reino lembrou que estamos nunha campaña na que todo o status quo está traballando para evitar o magnífico resultado que imos ter o 10N. 

«Hoxe na Universidade Vigo, lembramos as verbas de Pedro Duque, que dixo que as universidades privadas eran as que tiñan mellores resultados en investigación. Nós queremos universidades públicas e con recursos suficientes para investigar e que os nosos mellores alumnos e alumnas non teñan que emigrar», demandou.

O deputado lembrou «o noso vota vale triple este 10 de novembro».

«Vale para evitar deputados da dereita e da extrema dereita, serve como garantía de que imos loitar por un Goberno de esquerdas para as maiorías sociais e serve para que Galicia esté nese Consello de Ministros», incidiu, lembrando que as enquisas sitúan o segundo escano por Pontevedra «moi cerca» e disputado co PP.

Pola súa banda, Eva Solla resaltou que Vigo «é a cidade de Galicia con alugueres máis caros» e lembrou que o PSOE «non quixo acordo de goberno porque non queria regular os prezos de aluguer». «Temos que chegar ao Goberno para regular os prezos do aluguer, é indigno que os salarios sexan aínda menores que os alugueres».

Finalmente, Juan Carlos Monedero fixo un monólogo de máis de 50 minutos entre os aplausos e risas dos asistentes. 

«Hai eleccións por algo moi sinxelo, porque nas anteriores non saiu o que eles querían. Teñen feito moitos esforzos para que teñamos medo hoxe, para que non construamos desde a esquerda ese pensamento crítico», sinalou Monedero.

Ademais, fixo un repaso pola historia recente de España e criticou o xeito de exhumar ao ditador Francisco Franco, que se fixo «con honras» e saiu «a hombros» cando debería terse feito hai máis de 40 anos.