Galicia en Común pide exercer a soberanía de Estado e paralizar o ERE de Alcoa ata que haxa solución

Audio: https://bit.ly/31ZHv48

A Coruña, 29 de xuño de 2019. A deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, anunciou este sábado en rolda de prensa a comunicación ao Goberno de esixir a paralización do ERE ata que non haxa solución para as plantas de Alcoa.

«Pedimos que se exerza a soberanía de Estado, hay que paralizar o ERE ata que exista unha solución para as plantas e os traballadores», insistiu a deputada. 

Díaz amosou a solidariedade do grupo cos traballadores, que conseguiron un prazo ata o 8 de xullo para non executar o ERE, pero esixiu compromiso por parte do Ministerio de Industria, que onte «decatouse de cal era a realidade de Alcoa».

«Alcoa non quere vender as plantas para ostentar unha posición monopolística e quere impedir que haxa unha cuota de mercado relevante na produción de aluminio», insistiu a deputada, que remarcou a necesidade de exercer como país soberano «e non renunciar á produción de aluminio primario».

A deputada insistiu en que, desde que comezou o Executivo de Sánchez, «levamos clamando por ter un prezo na enerxía semellante aos países da nosa contorna, e a día de hoxe non temos aínda un prezo estable e asequible».

«A inacción do Goberno é clamorosa, poden actuar no prezo da enerxía, precisámolo para defender a industria no noso país. Ten que intervir o Ministerio de industria, a SEPI, que como se fixo noutros países, cunha intervención poderían actuar e impedir o que fixo Alcoa: tratar de paralizar a venta das nosas plantas».
Estamos en contacto cos comités, toda a nosa solidariedade.
Pola súa banda, o deputado Manuel Lago insistiu en que a decisión de Alcoa «é un problema laboral e para a economía, é un insulto á soberanía dun Estado».

«Estamos nos vellos tempos do imperialismo norteamericano, no que unha empresa permítese chulear a un Estado democrático afectando á súa soberanía», afirmou. 

O enxeñeiro José Bembibre lembrou que, se en España se fixase un prezo similar aos países da contorna, entorno aos 40 anos, o problemas da viabilidade das industrias quedarían resoltos.

«A corto prazo esta é a mellor solución», insistiu.