Galicia en Común pide no Congreso unha solución para Alcoa San Cibrao

O deputado de Galicia en Común tamén confirmou o arquivo da causa para varios dos imputados no Caso Alcoa, imputados por participar nunha manifestación en defensa dos traballadores nas portas do Congreso, pero lembrou que quedan dous traballadores aínda imputados, e trasladoulle a súa solidariedade.

Audio:https://bit.ly/2S2gZEB

Congreso, 18 de decembro de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, mantivo este mércores no Congreso unha xuntanza co Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao e reclamou unha solución e un futuro para a industria do noso país.

«Acabamos de reunirnos co Comité de Empresa de Alcoa, que veñen dunha comarca que depende do centro de traballo que da emprego a centos de persoas, de forma directa e indirecta», sinalou Gómez-Reino, incidindo en que «é fundamental que se manteña na comarca da Mariña, en Lugo».

O deputado sinalou que en Galicia «levamos un tempo sufrindo un proceso de desindustrialización severa» que «debe reverterse».

«Para nós é fundamental que haxa un Goberno neste país que se crea no sector industrial e que defenda os sectores estratéxicos», incidiu.

Gómez-Reino sinalou que non é a primeira vez que mantemos unha xuntanza cos traballadores/as de Alcoa, e trasladamos as súas demandas mediante iniciativas ao Congreso.

«Temos industrias competitivas nesta materia que non poden desenvolver o seu traballo polo prezo da enerxía. Todos os países do noso entorno teñen regulado o prezo da enerxía electrointensiva. No noso país esa situación non se da. Ten que haber un Goberno que dunha vez por todas solvente o prezo da enerxía electrointensiva e que garanta que unha industria como a de Alcoa poda continuar co seu traballo», sinalou.

ARCHIVO DA CAUSA ALCOA

O deputado de Galicia en Común tamén confirmou o arquivo da causa para varios dos imputados no Caso Alcoa, que participaron nunha manifestación en defensa dos traballadores nas portas do Congreso, pero lembrou que quedan dous traballadores aínda imputados, e trasladoulle a súa solidariedade.

«Vivimos esta situación con preocupación, seguen estando imputados varios compañeiros traballadores», sinalou.

Respecto ao arquivo, sinalou que se demostra o que decíamos sobre que as imputacións «eran irregulares».

«Ao noso xuízo democraticamente son exactamente irregulares as imputacións aos traballadores que defendían os seus dereitos, debe tamén arquivarse a súa causa», incidiu.