Yolanda Díaz destacou, entre outras cuestións, «a inaprazable transferencia da AP-9».
Vídeo: https://youtu.be/HLChL3qymMA
Madrid, 22 de xullo de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, destacou este luns no debate de investidura no pleno do Congreso a necesidade de abordar desde o Goberno «os principais retos de Galicia».
«Como galegas que somos, para Galicia en Común é crucial abordar desde o Goberno os principais retos de Galicia coa axenda galega», incidiu a deputada.
Díaz incidiu na necesidade de abordar o financiamento autonómico, as conexións ferroviarias e portuarias e a «inaprazable transferencia da AP9».
«O saneamento das nosas Rías, a nosa pesca, o noso sector naval ou o noso sector lácteo, así como algo que por fin estamos cerca de conseguir: devolver el Pazo de Meirás ao pobo galego», incidiu a deputada.
A voceira de Galicia en Común tamén incidiu no mandato que deu o pobo o 28 de abril, no que pediron «que dialoguemos e construamos un futuro».
«A pesar do seu discurso, sigo tendo confianza e esperanza dun cambio. Estamos en condicións de facer historia, sen subterfuxios, en coalición. A maioría social leva moito tempo esperando este momento», afirmou a deputada.
No seu discurso, Díaz rememorou ás mulleres que lograron o voto na II República, aos que non perderon a esperanza nos momentos máis duros, aos que ocuparon as prazas o 15M e ás mulleres que demos unha lección o 8 de marzo.
PRECARIEDADE
Unha das grandes críticas da deputada, foi pola situación de precariedade do mercado laboral.
«Máis da metade, o 51%, das persoas afiliadas á Seguridade Social ten empregos precarios. Isto si que é unha emerxencia», afirmou.
A deputada lembrou que «as últimas reformas laborais estaban pensadas para precarizar o mercado laboral e isto é realmente o que lle preocupa á sociedade, xunto á vivenda, o prezo da luz ou a loita contra o cambio climático», entre outras cuestións.