Vigo, 10 de xuño de 2020. – Galicia en Común-Anova Mareas demandou hoxe que o vindeiro 12 de xullo se garanta a seguridade sanitaria e xurídica na cita electoral, tanto para as persoas votantes como para o persoal de Correos.
Antón Gómez Reino puxo en valor o “a importancia do servizo de Correos para tecer país” ao mesmo tempo que demandou que a entidade “aporte unhas normas claras e concisas para o 12 de xullo xa que o persoal non pode estar desamparado nin sanitaria nin xuridicamente”. Nese sentido a coalición solicita garantías de seguridade e protección no eido sanitario nun país que, como lembrou a cabeza de lista por Pontevedra, Eva Solla, “ten máis votantes maiores de 80 anos que de entre 18 e 25”.
Ademais, estas garantías deben extenderse aos traballadores e traballadoras de Correos, “con medidas de protección e seguridade no tocante á saúde” mais tamén no aspecto xurídico “na recollida e custodia do voto emitido”. A coalición solicita medidas precisas por parte da empresa, así como medidas para evitar a presión sobre o persoal.