Galicia en Común pide un “impulso real” para a industria galega apostando pola intervención pública de Alcoa

Gómez Reino: “Xunta e Estado deben coordinarse para salvar os empregos de empresas competitivas e fundamentais como Alcoa, a pesar da multinacional que a quere desguazar”

Madrid, 9 de setembro de 2020.- O voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino,  defendeu hoxe no Congreso a necesidade que de que “Xunta e Estado se coordinen para impulsar a industria galega”, apostando pola intervención pública de Alcoa no caso de non chegar a propia empresa a unha solución que garanta o mantemento da actividade.

Gómez Reino lembrou que “no que ten que ver con Galicia, vimos como na última década os gobernos autonómicos e centrais preferiron priorizar outros modelos económicos antes que fortalecer a potencia industrial galega”. 

Na súa intervención apuntou que “entre 2011 e 2018 o goberno do Partido Popular realizou recortes en todos os programas orzamentarios adicados á industria que supuxeron un descenso do 32% nas dotacións económicas destinadas a políticas industriais”, recordando que é o Estatuto de Autonomía de Galicia o que, no seu artigo 30, dota de competencias exclusivas nesta materia á Xunta de Galicia. “Durante a última década”, engadiu, “esa falta de política industrial supuxo a perda de ata 27.000 empregos”.

Antón Gómez Reino fixo referencia ao naval de Vigo,  “punteiro e competitivo que leva anos vendo como o señor López Veiga, nomeado presidente da Autoridade Portuaria polo señor Feijóo, o dinamita por intereses especulativos”. Tamén se referiu na súa intervención ante o Pleno do Congreso ao caso de Barreras, “unha empresa que foi privatizada e posteriormente “salvada” por un directivo de Pemex que agora está en prisión. Pemex e Barreras”, engadiu, “unha operación falsa que puxo en risco miles de postos de traballo”.

Iniciativas presentadas

O voceiro repasou as iniciativas presentadas polo seu grupo nas últimas lexislaturas e que foron aprobadas pola Cámara como tres proposicións non de lei relativas á elaboración dun plan industrial para Navantia; un plan financiero para os astilleiros públicos galegos e a reforma do Sistema de Interrumpibilidade e axudas á industria.

“Que fixo o goberno do señor Rajoy?”, preguntouse. “Non fixo nada”, apuntou poñendo o foco “nos pasos que está a facer o goberno progresista, que aínda sen ser suficientes marcan o camiño para defender os postos de traballo”.

Aquí podes escoitar as declaracións de Antón e aquí o enlace da intervención