Galicia en Común pregunta ao Goberno pola alteración das praias de Arteixo como consecuencia das obras do porto exterior



Madrid, 11 de xullo de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino rexistrou no Congreso varias iniciativas sobre as alteracións das praias de Arteixo como consecuencia das obras do porto exterior de Punta Langosteira e polo recheo da praia de Barrañán.

Gómez-Reino explicou ao Executivo que desde que se deu inicio ao proxecto de construción do porto exterior en Punta Langosteira, os areais do municipio coruñés de Arteixo experimentaron diversos cambios no seu perfil, como consecuencia das modificacións que a construción do espigón ocasiona nas correntes mariñas.

«As praias que están máis cerca do espigón, como a de Sabón, foron gañando terreo, mentres que, pola contra, os areais máis afastados como Barrañán, Valcovo ou as calas de O Reiro e A Hucha, experimentaron perdas de area, sengo o caso máis grave o da praia de Ou Reiro, que perdeu tanta area que se converteu nun pedregal», lembrou o deputado.

Por este motivo, Galicia en Común pregunta ao Executivo se o proxecto de obra tiña previsto que se podían provocar importantes alteracións nos areais da zona.

«Non se estableceu algún tipo de medida preventiva ou paliativa ao respecto?», pregunta o deputado.

Ademais, pregúntase polas medidas que ten previsto adoptar o Goberno para reparar os danos ocasionados e favorecer a rexeneración dos mesmos.

BARRAÑÁN

No caso de Barrañán, Gómez-Reino preguntou polas medidas para evitar que se produzan este tipo de actuacións nun sistema dunar protexido, especialmente en época de cría de aves, como o de Barrañán.

«Que medidas ten previsto adoptar o Goberno para favorecer a rexeneración da costa e dos sistemas dunares en Galicia?», pregunta tamén o deputado.