Galicia en Común pregunta ao Goberno pola licitación das obras de remodelación da futura intermodal da Coruña

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/7010e537-369c-4590-bd21-0be81d591d84/20190703183229243.pdf

Madrid, 4 de xullo de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, vén de rexistrar unha batería de preguntas ao Goberno en relación á aprobación por parte de ADIF da licitación das obras de remodelación da futura estación intermodal da Coruña.

Gómez-Reino denuncia que o Proxecto construtivo da Remodelación da Estación da Coruña San Cristóbal «non se adecúa ao desenvolvemento do plan acordado polo Minsiterio de Fomento, ADIF e o Concello da Coruña, no Protocolo de 2009 recollido no plan xeral de ordenación municipal vixente».

«Queremos coñcecer cal é o mecanismo urbanístico que prevé empregar ADIF para permitir a execución do proxecto», afirmou o deputado.

Ademais, pregunta se o Goberno central mantivo contacto co Concello da Coruña para coñecer se ten previsto manter o plan ou realizar algún cambio e, finalmente, plantexa a dúbida de como influirá na execución das obras o feito de que a Xunta, responsable da integración da estación de autobuses, non teña previsto executar as obras ata finais de 2022 e principios de 2023.