Galicia en Común pregunta ao Goberno polos terreos que ocupa o estaleiro de Vulcano

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/684ccc92-c3a5-4e97-bccf-f176f974c7a1/2298_PE_TERRENOS_VULCANO.pdf

Madrid, 4 de xullo de 2019. Desde Galicia En Común achegámosvos as Preguntas Escritas ao Goberno que rexistramos hoxe no Congreso en relación ao uso futuro dos terreos que ocupa o estaleiro Factorías Vulcano na Ría de Vigo, tendo en conta que o estaleiro presentou a solicitude de liquidación no Xulgado do Mercantil número 3 da cidade de Vigo (Pontevedra) o pasado 1 de xullo de 2019, no ano do seu centenario, poñendo así fin a unha ampla e recoñecida traxectoria na construción naval na Ría de Vigo. 

Ante esta situación xorden varias dúbidas sobre o futuro das instalacións que ata agora ocupaba este estaleiro. Desde Galicia En Común consideramos imprescindible garantir que o uso futuro destes terreos debe seguir destinándose á actividade industrial naval e á xeración de postos de traballo e de futuro no sector naval.