Galicia en Común pregunta ao Goberno polos tramos perigosos das estradas en Ourense e Lugo que sinala RACE

Congreso, 18 de decembro de 2019. Os deputados de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, rexistraron no Congreso dos Deputados unhas preguntas ao Goberno sobreo Informe EuroRAP 2019, programa europeo de avaliación do risco en estrada , no que participa o RACE, e que sinala tres tramos que repiten por terceira oleada consecutiva cuns altísimos índices de risco.

Trátase dun tramo da estrada N-120 (Vigo-Logroño) comprendido entre A Rúa e o enlace con Quiroga (Lugo) e dous da N-541 (Ourense-Pontevedra), entre Barbantes (Cenlle) e Dacón (Carballiño), ademais do de Almuzara (Boborás).

«Non pode ser que dous dos tres traxectos máis perigosos de España se atopen en Galicia, concretamente en Orense (N-541), e Lugo (N-642), hai que tomar medidas», sinalaron os deputados.

Galicia en Común pregunta ao Goberno se fixo algún estudo da situación destes tramos das estradas e pregunta polas actuacións urxentes que deberan realizarse.

«Que tipo de accións contempla realizar despois de coñecer a perigosidade destas estradas?», pregúntanse os deputados.