Galicia en Común presenta un programa “de Goberno” que será a única garantía dun Executivo progresista que poña ás políticas públicas ao servizo da cidadanía galega

Yolanda Díaz destaca o traballo das deputadas da coalición e suliña que se Galicia en Común e Unidas Podemos reforzan a súa presencia no Congreso se garantirá un Executivo de progreso

Antón Gómez Reino lembra que as 850 medidas do programa constitúen “un programa construido desde Galicia para gobernar o Estado.

O coordinador do programa, Manuel Lago, destaca que contempla “acción concretas e definidas en todas as áreas e materias que afectan e interesan á cidadanía galega”.

Compostela, 19 de Outubro de 2019.- Se Galicia en Común e Unidas Podemos consolidan e reforzan a súa presenza nas Cortes Xerais, España terá garantido un Goberno de progreso que asegure que se fan políticas ao servizo da cidadanía galega. Esa é a mensaxe que lanzaron este sábado en Santiago os candidatos de Galicia en Común ao Congreso na presentación do programa da coalición para as eleccións do 10 de novembro.

“Este é un programa para a maioría social deste país”, destacou Yolanda Díaz, quen lembrou o traballo realizado polas deputadas da coalición nas dúas pasadas lexislaturas.

“Quero presumir de que moitos avances que se fixeron nestes tempos levan a marca propia de Galicia. Agora, queremos recuperar o subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, subir outra vez o salario mínimo interprofesional e os permisos iguais e intransferibles para pais e nais, garantir unas pensións dignas… Poño en valor todo o que se fixo, que se conseguiu grazas ao noso traballo, e tamén todo o que queremos facer a partir do 10 de novembro”, engadíu.

Pola súa banda, Antón Gómez Reino explicou que o de Galicia en Común “non é só un programa electoral”. “É un percorrido de moito tempo traballando nas institucións, que reúne diversos documentos elaborados por expertos e que conclúe con 850 medidas para mellorar a vida da xente”.


Gómez-Reino tamén destacou que se trata “dun programa construído desde Galicia para gobernar o Estado coa vontade de xerar dereitos e estabilidade, e de ser un elemento fundamental de avance democrático” para o país.

O acto foi presentado polo economista e deputado do grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia Manuel Lago, quen coordinou ao equipo de 18 expertos que participaron na elaboración do programa.

“Este non é un programa electoral, é un programa de gobernó, contundente e sólido. Un programa que nace una anterior convocatoria electoral e que madurou coa axenda galega do cambio, coas negociacións parlamentarias e coas leis que presentamos nas Cortes”.

“Emprego, precariedade, servizos públicos, feminismo, economía, pensións, protección social, cultura, vivenda, cultura, democracia, modelo de Estado… Temos propostas concretas e definidas en todas áreas e materias que afectan e interesan á cidadanía galega”, destacou.


Listado de expertos e asesores na redacción do Pograma de Galicia en Común
Coordinador
: Manuel Lago. Economista e deputado do grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia.

Jaime Cabeza Pereiro. Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
.Patricia Faraldo Cabana. Catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña. Adjunct professor na Queensland University of Technology, Australia. Membro permanente da Comisión Xeral de Codificación (sección penal).
.Isabel Peña-Rey. Médica de saúde pública.
.Albino Prada Blanco. Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
.Carmen Castro García. Doutora en economía, investigadora especialista en políticas de xénero
.Carlos Ares. Guionista e productor.
.Xosé Manuel Sande. Programador cultural e escritor cinematográfico. Senador.
.Ricardo Gurriarán Rodríguez. Doutor de Historia contemporánea
.José Bembibre Regueiro. Enxeñeiro. Experto en Sistemas Eléctricos. Ex-xefe dos Departamentos. de Sistemas de Mercado e I+D+i de Red Eléctrica de España.
.Felipe Martínez Ramonde. Avogado laboralista e profesor da Escola de relacións laborais da CoruñaJosé Ángel Brandariz García. Profesor de Dereito Penal e criminoloxía da Universidade da Coruña e membro da dirección da European Society of Criminology.
.Mª Luz Suárez Canal. Avogada penalista.
.Ana Isabel Mariño Baamonde. Inspectora de traballo en Vigo. Xefa da Unidade Especializada de Seguridade y Saúde Laboral da provincia de Pontevedra.
.José Manuel García Buitrón. Médico ciruxán.
.Manuel Martín García. Médico de atención primaria. presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública en España.
.Enrique Latorre Ruiz. Investigador en estudios sociais, ciencia da tecnoloxía e xénero e lóxica e filosofía da ciencia.
.Rubén Pérez Sueiras. Asesor de accións lexislativas e políticas públicas de protección dos animais.
.Xosé Manuel Sánchez Aguión. Ex secretario xeral de CCOO Galicia.