Galicia en Común rexistra iniciativas para instar á paralización da planta de Reganosa por ser ilegal

Os parlamentarios de Galicia en Común rexistraron varias iniciativas nas Cortes despois da última sentencia do Tribunal Supremo que anula a autorización administrativa.

Galicia en Común solicita tamén unha auditoria para ver a viabilidad. económica da planta.

Pregunta escrita Reganosa
https://bit.ly/2NBW3C0

PNL sobre Reganosa
https://bit.ly/2ZoyF1i

Ferrol, 28 de agosto de 2019. A deputada ferrolá Yolanda Díaz, xunto co deputado Antón Gómez-Reino, o senador José Manuel Sande e representantes do Comité de Emerxencia de Reganosa, Manuel Rodríguez Carballeira (Lalan) e  Luz Marina Torrente, ofreceron este mércores unha rolda de prensa para presentar varias iniciativas sobre Reganosa, logo da sentenza do Supremo, que é a 5º sentenza negativa.

«Presentamos diferentes iniciativas cuestionando a ubicación da planta de gas no interior da Ría de Ferrol. Instamos á paralización da planta por ser ilegal e en segundo lugar, pedimos que se faga unha auditoría sobre esta planta, porque é deficitaria. Non cumpre os parámetros mínimos para se hábil», sinalou a voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz.

Ademais, a deputada engadiu que pedimos que saia «do sistema de retribucións do sector gasístico».

Díaz lembrou que na lexislatura pasada tramitouse a Lei de Impacto Ambiental, nesa Lei incorporábase unha medida para permitir, no que atinxe a procesos de ilegialidade, regularizar os casos de infraccións urbanísticas defendendo a política de feitos consumandos. 

A deputada puxo como un exemplo «da corrupción político-empresarial».

«A lexislación ponse de lado dos que poñen en risco a nosa Ría. Isto non pasa en ningún país sensato. Traballaremos para que estas iniciativas saian adiante, imos tentar que parte do Grupo Confederal se desprace á zona para denunciar o que está a pasar», engadiu.

Pola súa banda, desde o Comité de Emerxencia insistiron que lles parece «inaudito» que unha instalación sen autorización siga funcionando.

«Mostramos a nosa satisfación pola iniciativa de Galicia en Común para o cese desta instalación. É unha instalación perigosa que está situada a 200 metros de vivendas. Crease unha situación de inseguridade e perigosidade, é unha instalación nociva para o ecosistema das rías e ademais é unha instalación ineficiente», afirmaron.