
Ourense, 1 de novembro de 2019. Galicia en Común arrancou este venres con forza a campaña en Ourense cun concorrido acto que reuniu a todos os candidatos e candidatas de Ourense, con David Bruzos á cabeza, xunto con Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez-Pam e os convidados Enrique Santiago e Julio Rodríguez.
Bruzos comezou a súa intervención preguntándose polos motivos para repetir como candidato nesta convocatoria electoral, e falou dos necesarios e indispensables «pequenos xestos» para mellorar a vida da xente.
«Fago por pasado e por futuro. Estamos facendo pequenos xestos para mellorar a vida da xente, e nisto tamén está votar o 10N. Isto é tamén un acto revolucionario, temos que convencer a moita xente para que vote a En Común», incidiu o candidato.
No seu discurso, o candidato lembrou o seu maravilloso alumnado, e en especial a Gabriela, «que se mete en todas as pelexas para defender as inxustizas».
«Temos unha mocidade fantástica que segue loitando, e por iso temos que dar exemplo, con pequenos xestos como este», incidiu.
Ante isto, lembrou que as enquisas sitúan o noso espazo «como o único capaz de rachar co bipartidismo en Ourense e voltar sacar representación para levar as verdadeiras demandas e preocupacións da xente desta provincia ás Cortes».
Neste contexto, Antón Gómez-Reino lembrou que é importante sacar un bo resultado ante a posibilidade de que o PP e o PSOE formen unha coalición, porque «un voto ao PSOE pode acabar nun goberno de dereitas», advertiu.
«Precisamos forza para un Goberno de esquerdas con Galicia dentro, grazas ao voto a En Común», incidiu Gómez-Reino, que lembrou que «calquer mozo debe saber que «pode contar con nós e cun profesor como Bruzos, que defende a educación pública; cunha deputada como Yolanda Díaz, que defende as pensións de todas e de todos ou cunha candidata como Ángela, que defende os dereitos de todas as mulleres galegas e loita contra as violencias machistas», sinalou.
A tamén candidata, Isabel Peña-Rey, lembrou que estamos nunha situación máis convulsa que a que tiñamos hai seis meses, por iso «é preciso seguir loitando desde as institucións».
A candidata galega, Yolanda Díaz, sinalou tamén a necesidade de formar parte do vindeiro Goberno porque «nestas eleccións xogámonos a volta ao bipartidismo e que pechen o que foi o 15M».
«Temos que saír con forza, porque a nosa representación será crucial para un Goberno de esquerdas. O PSOE quere a gran coalición, non se nega, por iso temos que saír con forza e gañar o vindeiro 10N», incidiu Díaz, que lembrou que xa sabemos que o PSOE non vai derogar a reforma laboral e iso «condenará á cidadanía a vivir na auténtica vulnerabilidade, nun país que temos á metade dos traballadores precarios».
Ademais, «a alternativa é clara», sentención a deputada. «A xente xa olfateou que as cousas que nós defendemos sí se poden facer, como a subida do SMI, os permisos parentais, ou o pacto contra a violencia con financiamento».
A candidata Ángela Rodríguez tamén lembrou que o PSOE e o PP non estaban pelexando polos nosos dereitos, e estaban «ninamitando dereitos laborais, dereito á vivenda, dinamitando os dereitos a unha vida digna».
Pola súa banda, os convidados Enrique Santiago e Julio Rodríguez, lembraron o importante papel de Galicia en Común no Congreso, «é dos grupos máis activos, trasladan todas e cada unha das problemáticas sociais de Galicia».
«A nosa arma é o noso voto. O máis útil é saír a votar En Común o vindeiro 10 de novembro», sentenciaron.