Galicia en Común sitúa como «prioridade» abordar a emexencia climática e a transición ecolóxica

Audio: https://bit.ly/2WeZjFW

Santiago, 23 de outubro de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, mantivo este mércores unha xuntanza con Greenpeace para abordar para cuestións «prioritarias» para este grurpo, como é o Proxecto de Lei de Cambio Climático, para abordar a emexencia climática e a transición ecolóxica.

«O noso planeta afronta unha situación de emerxencia climática e medioambiental. Galicia é especialmente vulnerable ante esta situación de cambio climático en curso, logo de anos de desgoberno do Partido Popular, de anos de políticas negacionistas, de contaminación sistémica dos nosos ríos e rías, dun modelo de xestión de residuos que colapsou, dunha política forestal dictada polos lobbys empresariais e da aposta reiterada por proxectos contaminantes como o da mina de Touro», denunciou o deputado.

Ante estas cuestións «levamos moito tempo traballando con organizacións como Greenpeace, que son unha referencia», explicou o deputado, que resaltou a campaña que estivo visibilizando as «enormes problemáticas das rías».

«Son situacións que levamos arrastrando moitos anos, pero con problemáticas moi distintas. Vemos que se sitúa investimento nos orzamentos, pero non se executa», denunciou.

Gómez-Reino tamén destacou o momento de mobilización cidadá: «estamos vendo unha situación dura de lumes ou choivas torrencias, entre outras cousas. O cambio climático esixe medidas urxentes, como cada venres nos recordan os mozos e mozas».

Para iso, Galicia en Común presentou na pasada lexislatura diversas iniciativas, como o proxecto de lei de cambio climático, unha prioridade para a seguinte lexislatura, na que abordaremos «a emexencia climática e a transición ecolóxica».