Galicia en Común sobre a enquisa do CIS: “Consolídase o noso espazo político e aumenta cara o 10N”


“Somos a única forza capaz de rachar o bipartidismo en Lugo e Ourense e estamos preto dos segundos escanos por A Coruña e Pontevedra, segundo o CIS”

“Mobilicémonos o 10N por un Goberno de esquerdas con mais deputadas para sitúar a Galicia no centro”

Audio: https://bit.ly/2q0RMhX

A Coruña, 29 de outubro.- Galicia en Común facía hoxe unha valoración sobre a publicación da enquisa do CIS que sitúa a En Común Unidas Podemos como terceira forza política do Estado.

“O CIS ven a reflexar o que levamos vendo nestas semanas de precampaña, nas xuntanzas coa sociedade civil e nos diferentes actos que estamos a facer: temos un espazo político consolidado”, manifestaba hoxe na Coruña o candidato e deputado, Antón Gómez Reino, logo de manter unha xuntanza de traballo co Consello de Administración da lonxa.

“Somos a única forza política que ten posibilidade de rachar co bipartidismo en provincias como Lugo ou Ourense”, subliñou Gómez Reino. “O pasado 28 de abril quedámonos preto de contar coa segunda deputada pola Coruña, Loreto Taibo, e a segunda por Pontevedra, Ángela Rodríguez. Estivemos moi preto, -lembrou o candidato- e agora mesmo estamos en dispoción de mobilizar todo o voto de esquerda no noso país para conseguir máis deputadas, como reflexa o CIS”.
 

“Facemos un chamado á mobilización da cidadanía galega que quere un Goberno de esquerdas e un Goberno que conte con Galicia”, manifestou Gómez Reino. “Temos un espazo consolidado de dous deputados e o 10 de novembro  podemos conseguir máis deputadas que garantan un Goberno con Galicia no centro”, rematou.