Audio: https://bit.ly/2NoXFNP
Santiago, 30 de outubro de 2019. Os candidatos e candidatas de Galicia en Común, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, David Bruzos e Vanessa Somoza, mantiveron este mércores un encontro con xornalistas para abordar varias cuestións da campaña electoral que arranca na noite deste xoves.
«As enquisas que están saíndo, aínda que somos precavidos, sitúan a Galicia en Común como o único capaz de rachar co bipartidismo no noso país», sinalaron os candidatos.
«Estamos moi preto da segunda deputada pola Coruña e por Pontevedra e ademais, algo fundamental, conseguir representación de novo en Lugo e Ourense. Facemos un chamamento á cidadanía para conseguir unha mobilización que sitúe Galicia no próximo Goberno de esquerdas no Estado», incidiu o deputado e candidato Antón Gómez-Reino.
Ademais, sinalou a «irresponsabilidade histórica de Sánchez» por levarnos a estas eleccións e negarse a negociar un Goberno de esquerdas: «ante esta situación, pedimos unha mobilización tamén histórica para conseguir que o PSOE non remate pactando co PP».
Pola súa banda, Yolanda Díaz lanzou unha pregunta ao aire: «con quen vai gobernar cada quen? Nós témolo claro: desde En Común Unidas Podemos queremos un Goberno de esquerdas con un programa de esquerdas», incidiu.
«A incógnita ten que ser resolta, Sánchez xoga á gran coalición, prefire pactar co PP. Debe aclarar con quen quere pactar antes do 10N, porque a cidadanía merece ter esta información. Chegou o tempo das certezas e de ir votar con clareza», incidiu.
Díaz lembrou que xa coñecemos que o PSOE «non vai derogar a reforma laboral, vai defender a implantación da mochila austriaca e non vai garantir as pensións públicas . Esto vai perxudicar aos traballadores e traballadoras, nós non o imos permitir».
O candidato en Ourense, David Bruzos, sinalou que «estamos con forza» e lembrou que «as enquisas din que podemos volver sacar representación por Ourense».
«O noso espazo consolídase como o único capaz de rachar co bipartidismo e levar ao Congreso as demandas da cidadanía de Ourense”.
A candidata de Lugo, Vanessa Somoza, sinalou que «precisamos o voto da clase traballadora, que a súa voz sexa escoitada no Congreso, e desde Madrid poder mudar as políticas que son moi necesarias neste país».
«Un exemplo son as infraestruturas, porque agora mesmo tardamos desde Lugo 90 minutos chegar a Ouresense por unha estrada con fochancas», denunciou.
«Temos unha autovía que está prometida desde 2008 e aínda non sabemos cando vai chegar. Todas estas fallas conlevan ao deterioro do rural, senón hai estradas non se pode susbsitir, non se poden manter os servizos», engadiu.
CALENDARIO DE CAMPAÑA
«Abriremos campaña este vindeiro xoves ás 00.00h na Coruña», confirmou Antón Gómez-Reino.
Este xoves, horas antes de que arranque a campaña, celebrarase en Vigo o acto «Traballo digno para unha nova cidadanía» con expertos e expertas de todo o Estado, moderado por Yolanda Díaz e Manuel Lago, para abordar o modelo laboral para o futuro.
Ademais, o día 1 celebrarase o acto central en Ourense ás 19.00h (Hotel Barceló, Rúa M. Curros Enríquez, 1) con todos os cantidatos e candidatas e con Enrique Santiago e Julio Rodríguez como convidados.
En Lugo, o sábado 2 ás 12.00h celebrarase outro acto na Ferretería -(Rúa San Froilán, 11) coa presenza de todos os candidatos e candidatas e como convidado o historiador catalán e ex deputado Xavier Domènech.
O domingo 3 de novembro, na Coruña, celebrarase o acto central ás 12,30h con todos os candidatos e candidatas e a visita de Pablo Iglesias en Palexo.
A vindeira semana celebrarse diversos actos en Pontevedra, Vigo, Ferrol ou Santiago, entre outras cidades e vilas.