- O grupo parlamentario pídelle ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que emende o seu anuncio onde indicaban que non rehabilitarían ditas estruturas
Madrid, 5 de outubro de 2020.- O grupo parlamentario de Galicia en Común vén de rexistrar no Congreso unha iniciativa parlamentaria onde lle pide ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que aborde a rehabilitación dos pasos elevados que transcurren sobre a AP9 ao seu paso polo barrio vigués de Teis.
O voceiro da formación, Antón Gómez Reino, asina dita iniciativa na que tamén se pide que se adapten estes pasos elevados á mesma mobilidade que o vial que transcorre por eles. No escrito lémbrase que “o deseño do último tramo da AP9 á entrada de Vigo converte a infraestrutura viaria nun elemento que divide o barrio de Teis, obrigando á veciñanza a realizar grandes distancias entre puntos con distancias quilométricas moi pequenas”.
Por iso Galicia en Común demanda ao Ministerio que reconsidere a posición trasladada á Asociación Veciñal de Teis de que non abordaría a reparación dos pasos a nivel. O Grupo Parlamentario entende que esta actuación é prioritaria, sobre todo naqueles como o de Camiño de Trapa e Camiño da Xorxa, que máis uso diario teñen incluindo tráfico rodado.
Así mesmo tamén se lembra a demanda do movemento veciñal de Teis, que levan anos reclamando que se convirta este tramo da autopista, entre o barrio e o centro de Vigo, en zona urbana puidendo así adaptala a distintas mobilidades.