Galicia en Común traslada ao Xefe do Estado as demandas da cidadanía galega

Os deputados incidiron en que se trasladou «o marco de problemáticas e desafíos fundamentais do noso país, das aspiracións da cidadanía galega» e agardamos que o Goberno «se conforme nas vindeiras semanas para poder levalas a cabo».

Vídeo: https://bit.ly/35btAJf

Madrid, 10 de decembro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, e o deputado Antón Gómez-Reino, ofreceron este martes unha rolda de prensa despois da xuntanza co Xefe do Estado previa ao debate de investidura.

«Fixemos chegar ao Xefe de Estado o voto favorable á investidura de Sánchez. Estamos ante un reto histórico: conformaremos o primeiro Goberno de coalición», sinalou Díaz, que incidiu en que se abre unha nova oportunidade para a nosa xentes, e neste sentido trasladamos as demandas para a cidadanía galega.

Os deputados incidiron en que se trasladou «o marco de problemáticas e desafíos fundamentais do noso país, das aspiracións da cidadanía galega» e agardamos que o Goberno «se conforme nas vindeiras semanas para poder levalas a cabo»

Díaz explicou que na xuntanza se trasladou que debemos asumir «como grandes retos» as políticas «que melloren a vida da maioría social».

Respecto ás demandas de Galicia, Gómez-Reino destacou que estes días coñecemos de novo que volven subir as peaxes na AP-9, unha infraestrutura fundamental en Galicia.

«A AP-9 é un problema que trasladamos ao Congreso, mais trasladamos de novo que a aspiración de Galicia en Común é que sexa galega, pública e gratuita», incidiu.

Ademais, compartimos, nestas semanas que se cumpre o aniversario do Prestige, o caso do Blue Star.

«O salvamento marítimo ten que ser xestionado polo territorio que ten máis quilómetros de costa e un tráfico marítimo denso. Foi algo que negociamos na anterior lexislatura e que seguiremos abordando», incidiu Gómez-Reino.

Ademais, na xuntanza co xefe do Estado trasladouse a situación do proceso de desindustrialización que sofre Galicia con distintos conflitos laborais.

«Temos a centos de familias de Alcoa en San Cibrao pendentes desta situación. Este sábado haberá unha importante mobilización. Aspiramos a un Goberno que afronte o desafío relativo aos sectores industriais».

Ademais, falouse do Estado do Benestar e a defensa do público, porque «estamos vivindo un problema coa sanidade pública en Verín».

«É curioso ver como moitas veces o PP en Galicia fala de despoboamento pero, nunha comarca con máis de 20.000 persoas, estase desmantelando a sanidade pública», denunciaron os deputados.