Galicia en Común-Unidas Podemos insta ao goberno a traballar pola paz e os dereitos humanos na rexión de Nagorno-Karabaj

O voceiro de Galicia en Común no Congreso e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores, Antón Gómez Reino, rexistrou unha iniciativa na Cámara Baixa para que se «participe pola paz en todos os foros internacionais»

Madrid, 5 de outubro de 2020.- Antón Gómez Reino rexistrou esta mañá no Congreso unha iniciativa para que o goberno do Estado participe en todos os foros internacionais para contribuír á paz e á defensa dos dereitos humanos na rexión de Nagorno-Karabaj.

«O pasado domingo 27 de setembro», recóllese no escrito, «os países veciños de Armenia e Azerbaiyán iniciaron operacións militares dentro da rexión de Nagorno-Karabaj, rompendo o alto ao fogo acordado entre ambos en 1994 e reactivando o conflito máis antigo do espazo postsoviético».

O número de vítimas nunha soa semana superou o centenar, incluíndo tamén civís nunha escalada de combates que podería derivar nun enfrentamento de maior envergadura, afectando incluso aos gasoductos e oleoductos que pasan polo Cáucaso cara a Europa. Nos últimos días o exército azerí bombardeou Stepanakert, a capital karabají e os armenios alcanzaron Ganja, a segunda cidade de Azerbaiyán.

O Grupo Parlamentario pide, por tanto, ao goberno do Estado que poña encima da mesa medidas concretas no seno da Unión Europea e no das súas relacións bilaterais con ambos países para traballar polo respecto aos dereitos humanos e a paz na zona.