Galicia en Común urxe ao Goberno en funcións a presentar un plan de futuro para as Pontes

Audio: https://bit.ly/2BdyRTr

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino enviaron unha carta á Ministra de Transición Ecolóxica tras reunirse, no Congreso, cunha delegación chegada de As Pontes.

Madrid, 16 de outubro de 2019. Os deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino mantiveron esta tarde unha xuntanza cunha delegación de As Pontes para analizar a situación da comarca do Eume após o anuncio do peche da central térmica de Endesa.

Na xuntanza anunciaron que hoxe mesmo “viñan de remitir unha carta á Ministra de Transición Ecolóxica pedíndolle que no prazo dun mes presente un plan para solventar unha saída social e económica para a comarca”.

Os deputados, que participaron na manifestación dos máis de 1500 traballadores que chegaron a Madrid en centenares de autobuses e camións desde distintas zonas de Galicia para reclamar una transición enerxética xusta e a defensa dos seus empregos, mantiveron unha xuntanza co Comité de Empresa de Endesa As Pontes, unha representación do Goberno local de As Pontes encabezada polo alcalde Valentín González Formoso, os responsables de industria dos sindicatos así como representantes locais das asociacións de empresarios, de hosteleiros e de transportistas do carbón.

Yolanda Díaz manifestou que desde Galicia En Común “compartinos por completo a necesidade dunha transición enerxética» porque «é evidente que existe unha enorme preocupación pero tamén debemos destacar que hai desleixo e improvisación por parte Goberno en funcións”.

“A transición enerxética non pode servir para aumentar as cifras de paro no noso país”, destacou a voceira de Galicia En Común, quen insistiu no prazo de un mes dado ao Goberno para plantexar unha solución urxente ante a grave situación que se presenta na comarca do Eume e nas comarcas próxima após peche de Endesa, por iso «esiximos a Pedro Sánchez a que lle diga ás galegas e aos galegos que vai facer”.

Díaz sinalou, así mesmo, que “o señor Pedro Sánchez tiña que saber, desde hai tempo, que isto ía pasar”.

Os deputados de Galicia En Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino presentaron nas dúas últimas lexislaturas numerosas iniciativas tanto sobre o caso concreto da central térmica de As Pontes como sobre o proceso de transición ecolóxica que se debe dar no noso país.