Galicia en Común ve «imprescindible» que se constitúa un Goberno para abordar os retos do mundo rural

Audio: https://bit.ly/30oK4ek

Madrid, 9 de xullo de 2019. O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, reuniuse este martes coa asociación Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) e con Fademur, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, para atender as súas demandas e trasladar a diagnose da situación social e política, no marco das xuntanzas coas asociacións da sociedade civil, tamén para recoller as súas demandas.

«Parécenos importante que dúas organizacións como UPA e FADEMUR, que significan tanto no mundo rural, na agricultura e a produción agraria, se reúnan con nós para abordar a situación actual e trasladarlles que para nós «é imprescindible que se constitúa un Goberno, para moitas cousas, pero especialmente para abordar os retos do mundo rural».

O deputado insistiu en que o mundo rural é «un eixo fundamental» e ten estar «no centro de acción da acción política» por iso trasladaremos as demandas ás institucións.

Na xuntanza abordáronse diversas cuestións como a seca, os prezos do leite e demais produtos ou o reto demográfico, porque son temas que se teñen que abordar «de forma valente».

Pola súa banda, Montserrat Cortiñas, vicesecretaria xeral de UPA, destacou que «importante dispoñer du nGoberno que teña un tempo lexislativo máis longo para sacar adiante proxectos. É moi importante preservar o mundo rural, polo que son imprescindibles políticas específicas para a agricultura e gandería.

«Na xuntanza falamos da necesidade dunha Lei de Agricultura familiar e de como hai que protexer as explotacións familiares, que son o sustento da vida rural», afirmou.

Pola súa banda, Teresa López, presidenta de FADEMUR, incidiu en que se trasladaron as demandas das mulleres no mundo rural.

«É importante abordar con rigor os temas dos que levamos anos facendo diagnose. Precisamos dun Goberno que dé resposta ás prioridades do mundo rural,

«Temos un gran problema, que entrou na axenda, o reto demográfico. Temos claras as prioridades: facilitar para as mulleres o emprego na agricultura e gandería, as infraestruturas, o desenvolvemento da titulariadade compartida vinculada á Lei de Agricultura Familiar, o emprendemento para vertebrar a economía da zona e a loita contra a violencia de xénero no rural», afirmou.