Gómez Reino: “A alternativa a Feijóo está cada día máis clara”

«Estamos a 15.000 votos de situar no pasado ao PP de Núñez Feijóo”

“Galicia en Común é quen derrota ao Partido Popular”

Compostela, 3 de xullo de 2020.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, amosouse hoxe convencido,  no ecuador da campaña electoral, de que “a alternativa a Feijóo comeza a verse cada vez máis”.

Gómez Reino sinalou que “estamos moi cerca da vitoria da esquerda e do ocaso de Feijóo por varios motivos. Primeiro porque perdeu o debate e segundo porque, como quedou evidenciado hoxe na SER, Feijóo escóndese, amosando o nerviosismo do Partido Popular”.

O candidato engadiu que “hoxe en Ourense vou propoñer un decálogo de entendemento ds forzas de esquerda e de progreso en Galicia”.

“Estamos a tan só 15.000 votos de situar no pasado ao PP e a Feijóo”, asegurou Antón Gómez Reino que insistiu na necesidade de mobilizar voto progresista xa que “se a esquerda se mobiliza, 15.000 votos non son nada se os comparamos cos 200.000 que lle sacamos aos PP nas últimas eleccións. Non son nin desexos nin esperanzas de campaña senón datos”.

O candidato introduciu outro elemento que “é aínda máis importante” sinalando que é Galicia en Común “quen vai derrotar ao Partido Popular”, poñendo o foco nas provincias atlánticas. “Na Coruña e Pontevedra o noso crecemento resta deputados ao PP, por iso votar a Podemos, Esquerda Univa e Anova, é dicir, a Galicia en Común vale doble: afianza á esquerda e derrota a Feijóo”.

Aquí está o audio de Gómez Reino.

aquí o vídeo da intervención.