Gómez Reino: “A aprobación do Ingreso Mínimo Vital é un avance histórico dos dereitos sociais no noso país”

O voceiro de Galicia en Común no Congreso e presidente da Comisión de Traballo puxo en valor unha ferramenta, que se debatiu na Comisión, e que “servirá para enfrontar a exclusión social”

Madrid, 8 de xuño de 2020.- Antón Gómez Reino puxo en valor esta tarde, como presidente da Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións “a aprobación e implantación do Ingreso Mínimo Vital”  que suporá “un avance histórico nos dereitos sociais do país” colocando ao conxunto do Estado na vangarda dos países europeos.

Esta nova prestación, que será debatida o mércores polo Pleno do Congreso tras pasar hoxe pola Comisión, supón “a construción do quinto pilar do Estado de Benestar e sirve de maneira directa para enfrontar a exclusión social”, sinalou Gómez Reino.

O voceiro de Galicia en Común no Congreso fixo fincapé tamén no “consenso que está aflorando a escala estatal e internacional sobre os obxectivos para saír desta crise sanitaria e económica derivada da crise do Covid19”. Nese sentido Gómez Reino sinalou catro pilares básicos que se consiguen coa implantación do IMV como “o impulso da xustiza social, que permite garantir unhas mínimas condicións de dignidade a toda a poboación; seguridade nunha época de incertidume; promover unha maior igualdade a través de mecanismos que favorezan a cohesión social e territorial, así como protexer a liberdade”. 

Aquí podes descargar o audio ou ver a intervención de Gómez Reino