Gómez Reino: ‘A reforma da lei de Saúde de Feijóo ten visos de inconstitucionalidade’

Unidas Podemos interperlará ao Congreso polo articulado dunha lei sen consenso que limita liberdades e aborda receta sancións 

O deputado galego gabou a xenerosidade de Iglesias na derrota da dereita ultra e puxo en valor o traballo de Yolanda Díaz: ‘muller, galega e presidenta’ 

Madrid, 16 de marzo.- ‘A reforma da lei de Saúde de Feijóo ten visos de inconstitucionalidade e imos presentar unha iniciativa parlamentar para interpelar ao Congreso sobre un texto aprobado polo PP sen consenso, que limita liberdades a aborda a saúde pública como un problema de orde público para o que receta sancións’. 

Con esta contundencia, Antón Gómez Reino anunciaba hoxe en rolda de prensa que o grupo confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vai rexistrar na Cámara Baixa unha iniciativa parlamentaria para que se afonde na posible inconstitucionalidade da reforma da lei de saúde pública aprobada no Parlamento de Galicia co rodillo da maioría popular de Alberto Núñez Feijóo e coa oposición da sociedade civil e dos colectivos sanitarios. 

“Nun contexto pandémico de especial sensibilidade, Feijóo pon o foco no punitivismo cunha reforma lexislativa limitativa dos dereitos e das liberdades que aborda a saúde como un problema de orde público”, manifestou o deputado galego hoxe en rolda de prensa desde o Congreso dos Deputados. “Coidamos que é inconstitucional e interpelamos ao Goberno do Estado nese sentido”. 

‘É outro exemplo claro de como opera Feijóo en Galicia. Mentres elude as competencias propias en materia industrial, coa súa política de brazos caídos mentres as empresas pechan unha tras outra, tamén deixa pasar a oportunidade de optar as axudas europeas. É inconcebible que nas cuestións máis relevantes, nin pelea nin traballa”, denunciou Gómez Reino.

“Hai dez anos que Galicia non suma novas competencias. Vimos de reclamar que se active a Comisión Bilateral mixta Xunta-Estado para abordar as transferencias pendentes, non só da Ap-9, tamén de Salvamento Marítimo e Tráfico”, sinalou. 

O deputado galego tamén se refería na súa comparencia de hoxe a decisión de Pablo Iglesias de abandonar a Vicepresidencia do Goberno para ser candidato á Comunidade de Madrid para derrotar as dereitas. “É un acto humilde e de enorme xenerosidade para que Madrid teña un Goberno decente e progresista fronte a corrupción e o neliberalismo más ultra que vai máis aló da propia Comunidade madrileña”, manifestou. 

Por último, expresou o orgullo máximo porque Galicia en Común teña aportado ao Congreso unha parlamentaria como Yolanda Díaz, a mellor ministra de Traballo da historia deste país, e futura vicepresidenta do Goberno do Estado. ‘Compañeira, amiga, muller, galega e futura presidenta”, sinalou Gómez Reino. “Penso que é moi claro o consenso que existe entorno a que ela é a persoa. Traballa día a día para cambiar e mellorar as condicións materiais da existencia das maiorías sociais que é a nosa razón de ser’.