Gómez Reino: “A Renda Garantida para a Cidadanía Galega será un obxectivo central do futuro Goberno”

Martiño Noriega: “Queremos converter Galicia nun referente dentro do Estado na análise e posta en marcha de novos modelos de política social”

Xulio Ferreiro: “É responsabilidade das Administracións, as tamén locais, garantir ingresos mínimos suficientes para a vida como dereito fundamental”

Saínza Ruiz e Concha Fernández subliñaron a urxencia de axilizar e simplificar os procedementos burocráticos de concensión das axudas

A Coruña, 21 de xuño.- Galicia en Común-Anova Mareas ven de presentar esta mañá a unha proposta para transformar unha Risga escuálida e insuficiente nunha Renda Garantida para a Cidadanía Galega, compatible co Ingreso Mínimo Vital do Estado e que amplía coberturas e recursos para avanzar como sociedade con políticas inclusivas que combatan a desigualdade no país e non sitúen como referente co horizonte posto nunha renda básica de cidadanía de carácter universal.

“Galicia merece un novo modelo de políticas sociais que coide e atenda as necesidades reais da súa xente. A Renda Garantida para a Cidadanía Galega será un obxectivo central do futuro Goberno galego a partir do 13 de xullo”, afirmou hoxe Antón Gómez Reino, voceiro da coalición e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, que hoxe participaba nun coloquio que pivotaba sobre o eixo dunha Renda Garantida para a Cidadanía Galega.

“Estes once anos de goberno do Partido Popular supuxeron un profundo retroceso nas políticas sociais deste país, unha situación que se viu agravada por esta pandemia da Covid19 crise que deixou a milleiros de galegas e galegos nunha situación insostible que o escuálido modelo de política social da Xunta, baleirado de recursos, persoal e dotación non foi capaz de afrontar nin o intentou”, reflexionou o portavoz.

A este contexto, -manifestou Gómez Reino-, hai que engadir tres meses de pandemia no desgoberno de Feijóo, que no canto de exercer as súas compentencias para ampliar o escudo social estivo preparando a fondo a súa estratexia electoral deixando ben as claras as súas prioridades: montar un comité de expertos económicos para privilexiar aos de sempre, como xa fixo no 2008 antepoñendo a banca ás persoas;  «Agora pretende acalar as protestas dos sanitarios que puxeron o corpo na loita contra a Covid19 en condicións precarias con cheques de 250 euros”, apuntou Gómez Reino.

“É inmoral e nos avergoña. A Sanidade Pública merece recursos, non sobornos. A cidadanía galega merece un Goberno na Xunta que non deixe a ninguén atrás e o camiño pasa, tamén, por transformar unha Risga cativa nunha ferramenta inclusiva para desterrar a desigualdade”, sinalou o candidato. «Esta Renda Garantida deberá complementarse e compatibilizarse co novo Ingreso Mínimo Vital (IMV) de carácter estatal, sempre co horizonte posto na implementación progresiva dunha renda básica de cidadanía de caracter universal», manifestou o candidato. 

A proposta de Galicia en Común-Anova Mareas pasa por modificar a lei para transformar unha RISGA raquítica e insuficiente nunha Renda Garantida da Cidadanía Galega, que se situaría no entorno do 60% do salario medio, facendoa compatible con outras rendas e prestacións e facilitando o acceso de persoas en situación de vulnerabilidade pero agora excluídas; ao tempo, se incrementarían orzamento e a contía das axudas, e reforzando o persoal administrativo para evitar atrasos na tramitación de expedientes e simplificando os procedementos burocráticos anacrónicos e asistencialistas nos que se fundamenta unha Risga insuficiente e desfasada.

A proposta establece como beneficiarios aos maiores de 18 anos, empradoados en Galicia nos úlimos seis meses e valorando os requisitos individuais, non os de convivenvia. Ao tempo, propón ampliar os fondos do Plan Social contra a Desigualdade (na actualidade de só 20 millóns de euros), así como a súa programación, obxectivos e contidos.

No coloquio, tomou a palabra Martiño Noriega que facía fincapé urxencia de implementar a Renda Garantida da Cidadanía Galega para sustituir a RISGA durante a lexislatura. “Queremos converter Galicia nun referente dentro do Estado español no debate, análise e estudo experimental de novos modelos de política social como, entre outros, a Renda Básica Universal, implicando, tamén as tres universidades galegas no proxecto”.

Pola súa banda, Xulio Ferreiro manifestou que “é responsabilidade dos poderes públicos, tamén desde a responsabilidade das Administracións locais, actualizar e adecuar a contía das prestacións mínimas á situación socioeconómica da contorna e garantir ingresos mínimos suficientes para a cobertura das necesidades básicas e o exercicio dos dereitos fundamentais». 

No debate tamén tomaron parte Concha Fernández e Saínza Ruiz, ambas candidatas pola Coruña e exconcelleiras de Servizos Sociais en Compostela e Ferrol. Ambas subliñaron a urxencia de mudar, simplicar e axilizar os procedementos de acceso e concesión das axudas. «Non é posible unha vida digna con 400 euros», concluíu Fernández. 

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.
Comunicación Galicia en Común-Anova Mareas
Saúdos.