O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas lamenta que o único que lle importe a Feijóo tanto na xuntanza como nestes 60 días de pandemia é empurrar a súa estratexía electoral
Compostela, 14 de maio de 2020.- Galicia en Común-Anova Mareas lamenta que na xuntanza mantida hoxe co presidente da Xunta non se ofreceran «certezas» en relación ao proceso electoral. O voceiro da formación sinalou que «o señor Feijóo non pode garantir, e así nolo dixo, que un hipotético proceso electoral se dea con todas as garantías sanitarias e epidemiolóxicas».
Na liña que apuntaban os informes médicos e xurídicos aportados polo propio goberno galego, Feijóo transmitiulle ao resto de forzas que non se pode asegurar completamente que as eleccións se dean con total normalidade democrática «así que parece evidente», indicou o portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas que “o único que lle importa a Feijóo desta xuntanza e dos últimos 60 días é a súa estratexia electoral».
Gómez Reino lamentou que Feijóo convocara ao resto de partidos “non para falar da reconstrución de Galicia, nin da contención de epidemia, da situación nas residencias, da precariedade dos sanitarios ou do escudo social fronte á crise» senón para falar de eleccións e que aínda así «saiamos como entramos, sen ningún tipo de certezas e sen propoñernos unha posible data».
Aquí podedes escoitar o audio de Gómez Reino.