Gómez Reino: «Botemos aos destructores da sanidade pública. O meu compromiso é reverter as privatizacións e coidar a quen nos coida»

“O futuro goberno galego do 13 de xullo coidará de quen nos coida. A sanidade pública é fundamental e prioritaria para coidarnos como sociedade”

O candidato á presidencia da Xunta asistiu a mobilización de SOS Sanidade Pública xunto con outras compañeiras da candidatura a prol da sanidade pública

Compostela, 27 de xuño de 2020. O candidato á presidencia da Xunta e voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, chamou esta sábado á mobilización do voto progresista nas eleccións do 12 de xullo para acadar un goberno da Xunta que “coide de quen nos coida que entenda que a sanidade pública é un elemento fundamental para coidarnos como sociedade”.

“Ese é o compromiso de Galica en Común-Anova Mareas”, declarou á saída da manifestación convocada en Compostela polos sindicatos CCOO, UXT e CIG pola contratación estable na sanidade pública, xunto a Eva Solla, Martiño Noriega e outros membros da candidatura.

“Vimos duns anos moi difíciles para a sanidade pública galega con recortes en Atención Primaria, cun 9% menos de camas, co peche de catro das once áreas sanitarias ou o intento de pechar a unidade de asistencia ao parto en Verín”, lembrou Gómez Reino.

En definitiva, “é unha situación de precarización e de búsqueda da privatización da nosa sanidade, que ademais viviu unha situación absolutamente lacerante con ese bono de 250 euros. Agradecemos ao conxunto de sanitarios do país que rexeiten ese intento de suborno de Feijóo”, indicou.

O candidato á presidencia da Xunta tamén agradeceu o traballo realizado polo persoal sanitario nos últimos meses, “nos que se demostrou unha vez máis o seu enorme compromiso co conxunto dos galegos e galegas. Todo isto a pesar dos recortes e a pre cariedade sistemática e deliberada do goberno do PP e Feijóo nestes anos”, concluíu.

Aquí está o audio de Gómez Reino.

E aquí podes ver o audio da intervención.