Gómez-Reino, como membro do Consello de Europa, esixe a Feijóo que derogue o decreto lingüístico

Audio: https://bit.ly/2t6pgNe

Madrid, 12 de decembro de 2019. O deputado de Galicia en Común e membro da delegación do Consello de Europa, Antón Gómez-Reino, esixiu este xoves desde o Congreso a Alberto Núñez Feijóo que derogue o decreto do plurilingüismo que a Xunta puxo en marcha en 2010 e que regula o uso do galego na ensinanza.

«O informe do Consello de Europa pon no foco a Feijóo e o seu decreto que impide o avance do galego no ensino e tamén a falta de recursos na administración. Instamos á Xunta a que tome medidas e derogue inmediatamente o decreto 79/2010, tan lesivo para a nosa lingua», incidiu o deputado.

O informe destaca que o nivel de aplicación das medidas para promover a lingua «non mellorou desde o último ciclo de seguimento».

«O comité de expertos destaca que os estudios sociolingüísticos amosan unha diminución no número de hablantes, e a transmisión da lingua de pais e nais a fillos e fillas, non está garantida, e polo tanto diminuiu a proporción de alumnos con dominio do galego», denunciou Gómez-Reino.

O deputado considera que este é «un novo informe da vergoña» ao respecto de como se trata a nosa lingua no conxunto das administracións públicas galegas.

» Estase maltratando o idioma por parte do PP e de Feijóo. Esiximos un cambio na política lingüística, non podemos seguir coa caída de falantes. Deben tomarse medidas para fortalecer a presencia do galego na administración, no ensino, no sistema de saúde ou noutros servizos públicos», incidiu.