Gómez Reino compromete una mesa de diálogo no Ensino para erradicar a fenda dixital e reforzar os recursos na docencia

“A única enquisa válida é a do 12 de xullo. Estamos absolutamente  certos de que Galicia pide cambio porque unha maioría progresista nos urxe a revertir a desmontaxe do público e pechar as portas a dereita extrema” 

“Trataremos de avanzar esta semana nunha proposta unitaria coas forzas de progreso para abordar estas eleccións con garantías sanitarias e democráticas” 

A Coruña, 7 de xuño.-  O candidato de Galicia en Común á presidencia da Xunta e portavoz da coalición, Antón Gómez Reino, comprometeu a posta en marcha dunha mesa ampla e consensuada coa comunidade educativa galega a partires do 13 de xullo para abordar tres cuestións fundamentais para dar un salto cualitativo no ensino: erradicar a fenda dixital, adaptación curricular e reforzar os medios humanos e materiais dos centros galegos para garantir a igualdade ao alumnado.

Gómez Reino mantivo unha xuntanza telemática con Fernando Lacaci, presidente da Confederación de Anpas Galegas na que recolleu o malestar das familias galegas pola confusión, os bandazos e a falla de concrección da Consellería de Ensino da Xunta non só co abrupto final deste curso senón coa absoluta irresponsabilidade, a ausencia de alternativas para conciliar e falta de planificación para o vindeiro ano escolar.

O candidato de Galicia en Común subliñou a aposta e a compromiso da coalición por afrontar tres cuestións clave a partires do 13 de xullo para revertir anos de recortes ao ensino, precarización e incerteza do emprego e eivas no persoal docente. Dunha banda, expuxo, abordar nunha ampla mesa de diálogo e consenso coa comunidade a adaptación curricular; en segungo lugar, acabar decidamente coa fenda dixital que abre abismos na desigualdade no ensino que ten que ofrecer garantías e equilibrios de igualdade e, no terceiro punto, artellar os mecanismos para garantir maior investimento en medios técnicos e sobre todo, no humano, na docencia, para que cada alumnos teña a atención que merece e avanzar nas súas capacidades e minorar as dificultades.

Ao respecto das enquisas, o candidato de Galicia en Común á presidencia da Xunta manifestou hoxe que a única enquisa que ten valor é a que sae das urnas o 12 de xullo. “Sairán moitas enquisas de parte, con distintas variables e que son parte da propaganda performativa”, apuntou Gómez Reino.

“No noso espazo temos moi claro que en Galicia hai vontade e necesidade dun cambio que reverta todo o dano feito por Feijóo á estrutura pública: á sanidade, aos coidados, no ensino. Hai unha clara maioría progresista no país que pide cambio e estamos absolutamente certos de que o próximo goberno da Xunta será un Goberno de coalición entre as forzas de progreso do país para pechar as portas de Galicia á extrema dereita e á dereita extrema que encarnan Feijóo e Abascal”.

“Nesa liña vimos traballando, na liña de facer propostas para coidar Galicia, en lexislar e para ampliar o escudo social, nun plan de rescate que garanta a totalidade do emprego na antiga Alcoa, en San Cibrao e tamén na planta da Coruña, fronte á inacción dunha década de Goberno de Feijóo con plenas compentencias en Industria. Para todo isto agardamos manter no inmediato unha xuntanza de traballo coas candidatas de PSdeG e BNG para abordar unha proposta unitaria con garantías sanitarias e democráticas para afrontar os comicios.

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino sobre Ensino.

E nesta ligazón, a valoración da enquisa publicada este domingo.