- O voceiro de Galicia en Común insiste na “anomalía democrática que supón ter ao goberno dos xuíces en funcións dende hai dous anos polo bloqueo do principal partido da oposición
- «De nada vale saír na foto o 6 de decembro como adalid da defensa da Constitución e incumplir sistematicamente un dos seus artigos»
Madrid, 9 de decembro de 2020.- voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, valorou hoxe a postura do Partido Popular de Pablo Casado, que só aceptaría renovar o Consejo General del Poder Judicial tras o 14 de febreiro, isto é, unha vez que se celebren as eleccións en Cataluña.
Para o deputado de Unidas Podemos “trátase dunha nova tomadura de pelo a toda a cidadanía, que ve como novamente o principal partido da oposición pensa só nos seus propios réditos políticos ao situar como data de renovación do órgano o 14 de febreiro”.
“Non só incumplen as normas”, indicou Gómez Reino, “senón que ademais queren excluir a unha forza política de goberno votada por máis de 3 millóns de persoas e a outras forzas políticas democráticas nunha especie de omertá do PP que nos di que ou se renova coas súas regras ou non se renova”.
Segundo Gómez Reino, “con isto vemos como o PP insiste en manter a anomalía democrática que supón ter ao goberno dos xuíces en funcións dende hai dous anos” mentres engadiu que “de nada vale saír na foto do día 6 de decembro como adalid da defensa da Constitución se o resto de días non se cumple o que nela se recolle, concretamente o mandato constitucional do artigo 122.3, que obriga a renovar o CGPJ cada cinco anos”.