Gómez Reino denuncia a emerxencia humanitaria dos refuxiados na fronteira sur e urxe a Europa a garantir dereitos

O deputado galego integra unha comisión internacional do Consello de Europa desprazada a Grecia para urxir solucións ao drama humano de migrantes e refuxiados que é denominadro común na fronteira sur de Europa

‘Fronte ao odio das extremas dereitas, nós defendemos vías seguras para familias que fuxen da guerra e veñen a construir e a sumar á nosa sociedade’

Atenas, 12 de maio.- O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, denunciou hoxe desde Atenas a emerxencia humana que viven centos de miles de familias con nenos menores, refuxiados e migrantes que fuxiron da guerra e da persecución política na procura de asilo e axuda na costa sur de Europa. 

Gómez Reino integra unha Comisión internacional do Conselleo de Europa desprazada desde o lunes a Grecia co obxecto, -manifestou- ‘de observar, informar  e denunciar a vulneración dos dereitos humanos que están a vivir decenas de miles de familias con nenos menores, que chegan as costas de Europa procurando asilo e refuxio fuxindo da guerra e da persecución’. 

Durante tres días dunha viaxe que hoxe chega ao seu fin, a delegación internacional percorreu o perímetro de Atenas desprazouse até a Mytelene, na illa de Lesbos, onde se atopaba Moria, o  maior campamento de refuxiados de toda Europa e que foi presa das chamas en setembro do 2020, e outros moitos puntos onde se agrupan agora os migrantes que levan meses e mesmo anos de agarda.

“É imprescindible esixir a comunidade internacional, ao conxunto da UE e particularmente a todas as Administracións unha resposta inmediata para persoas e familias que levan anos agardando asilo e refuxio sen resposta mentres sobreviven hacinados en campos en situación que ningún desexamos”, manifestou Gómez Reino. 

En Atenas, na capital, o deputado de Unidas Podemos e Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, mantivo nestes días diversas xuntazas de alto nivel cos Ministros de Protección Cidadá, Michalis Chrisochoidis, e con Ioannis Plakiotakis, máximo responsable Asuntos Marítimos e Política Insular. 

‘Cómpre abrir unha reflexión fronte aos discursos do odio e das extremas dereitas para dicir con claridade que precisamos vías seguras para as persoas que fuxen na procura dun futuro mellor e que queren construír as nosas sociedade’, sinalou o deputado galego, que trazaba unha liña paralela entre a situación que se vive en Lesbos (Grecia), Lampedusa (Italia) e as vividas recentemente en Gran Canaria como un denominador común da fronteira mediterránea de Europa.

O punto final a esta viaxe, centrada específicamente na situación dos refuxiados e migrantes nos campos das illas gregas, será pasado o mediodía cunha xuntanza co ministro de Migracións e Asilo, Notis Matarachis na procura dun consenso entre as autoridades comunitarias e as gregas para empurrar decididamente unha solución que antepoña as vidas e  garanta os dereitos e liberdades fundamentais.  

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.