Gómez-Reino denuncia no Congreso a situación insostible das mariscadoras da ría de Noia

O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, levou ao Congreso a situación insostible das traballadoras e traballadores do sector do marisqueo na ría de Noia, que levan meses sen cobrar a prestación polos últimos ceses de actividade.

A iniciativa tivo lugar logo da xuntanza que mantivo a Marea de Noia coas traballadoras e traballadores do sector. Tras o episodio de toxina na ría o pasado mes de setembro, que se prolongou no tempo debido a unas condición climáticas anómalas, moitos solicitaron o cese de actividade ante o Instituto Social da Mariña (ISM) de Noia para cobrar a prestación á que ten dereito.

A isto súmase que en febrero deste ano, por efecto das intensas choivas e da inadecuada xestión da presa do Tambre, morreu máis do 80% do marisco de talla comercial y máis do 70% da cría, o que obrigou a suspender a campaña que debía empezar nese momento e a solicitar un novo cese de actividade.

Non obstante, dende o sector denuncian que ninguna persoa adicada ao marisqueo na zona cobrou aínda nin o cese deste ano nin o do ano anterior. Os traballadores non prevén poder retomar a actividade ata a campaña de outubro, polo que moitas familias están nunha situación de precariedade e incerteza, como expuxo Gómez-Reino na iniciativa presentada no Congreso.

Ademáis, as mariscadoras denuncian que os trámites administrativos para a solicitude do cese de actividade foron caóticos e que nos propios ISM descoñecen os procedementos a aplicar nestes casos.

O deputado preguntou tamén por protocolos para axilizar este tipo de trámites, tendo en conta que, debido aos problemas asociados ao cambio climático, é posible que esta ferramenta teña que utilizarse periódicamente.

Consulta aquí a iniciativa