O voceiro de Galicia en Común destaca o “incremento das pensións, do gasto en dependencia e dos investimentos nas infraestruturas máis aló do AVE”
Madrid, 28 de outubro de 2020.- O deputado e voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, fixo esta tarde unha primeira valoración inicial do borrador dos Presupuestos Generales del Estado para o ano 2021 que presentou publicamente a primeira hora da tarde a Ministra de Hacienda, María Jesús Montero.
“Trátase duns orzamentos históricos, nun contexto de epidemia mundial como é o do coronavirus, que desterran definitivamente as décadas de austericidio do Partido Popular”, destacou Gómez Reino que engadiu que “supón unha mobilización inaudita de recursos públicos en Sanidade, Educación e Dependencia cun doble obxectivo: reactivar a economía e coidar das persoas, cun incremento do 46% en dependencia e unha actualización das pensións que mellorarán a vida de preto de 770.000 pensionistas en Galicia”.
Según indicou o voceiro do grupo, “aínda sendo uns orzamentos compartidos co PSOE levan o selo incuestionable de Unidas Podemos e de Galicia en Común, como vemos por exemplo na regulación dos alugueiros tras terse incrementado de media en Galicia un 30% nos últimos 5 anos”.
Neste borrador, “recóllense demandas históricas dos galegos e as galegas que levamos anos traendo ao Congreso e que por fin se ven plasmadas nun documento orzamentario”, lembrou o portavoz. “Estamos a falar de 55 millóns de euros para bonificar a AP9, incorporando tramos gratuitos, así como 20 millóns de euros para o saneamento da ría do Burgo, sempre esquecida polos gobernos do Partido Popular”.
No que atinxe a Galicia, os PGE recollen un incremento xeral, no que destaca unha subida dun 29% nos investimentos dos Ministerios no país e un compromiso coa mobilidade sustentable en todo o territorio que supera os 200 millóns de euros. “Tamén se resolven moitas das demandas das provincias do interio cunha aposta pola mellora e a dotación de liñas interiores como a que unen Lugo con Monforte e Ourense”.
Finalmente, Gómez Reino sinalou que “tamén o Ministerio de Traballo, que ten a fronte a unha ministra galega, de Galicia en Común, fará o maior investimento da historia no noso territorio para paliar as consecuencias laborais da crise do coronavirus e revertir as políticas austericidas do Partido Popular”.
Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino coa primeira valoración dos PGE21.
Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino, deputados de Galicia en Común en foto de arquivo.