Gómez Reino: ‘É hora de que Florentino Pérez, ligado á Púnica, deixe en paz ao fútbol”

‘O PP de Feijóo a Ayuso van as eleccións dopados: reparten ducias de millóns aos medios xusto antes dos comicios’

‘Bruxelas falou claro: é fundamental limitar o poder dun órgano en funcións como CGPJ. O PP ten que cesar no bloqueo a democracia’

Madrid, 20 de abril.-  O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, vén de referirse hoxe a polémica da Superliga de fútbol que sitúa nun escenario de loita de clases levada ao deporte, tratado como un negocio por parte de empresarios como Florentino Pérez. 

“Vivo preto do estadio de Riazor onde hai unha pintada que o resume ben a nosa posición: ‘Odio eterno al fútbol negocio’, sinalou o deputado galego. “A posición que adoptan os clubes máis ricos coa Superliga de pretendida emancipación asemellase a posición das grandes fortunas a nivel fiscal, elevada, agora tamén, ao fútbol’, dixo Gómez Reino. 

“Empresarios como Florentino Pérez, vinculado a trama Púnica, deberan deixar en paz o deporte. Quen se quere emancipar do fútbol como deporte, debera ficar fóra das competicións e das televisións”, manifestou. 

Desde o Congreso, onde hoxe compareía en rolda de prensa, o deputado de Unidas Podemos referíase aos comicios do 4M en Madrid como “unha batalla aberta na que o conxunto das forzas progresistas teñen que pular para mobilizar o voto de esquerdas polo cambio”. 

“O proceder do PP de Feijóo e Ayuso é idéntico en Galicia e en Madrid e redunda na dinámica de presentarse as eleccións dopados logo de facer o reparto de  varios millóns de euros entre os medios de comunicación xusto antes da cita electoral”, sinalou Gómez Reino. “Fronte a eles,  o exemplo de Pablo Iglesias e de Yolanda Díaz, de como un goberno decente pode mudar e mellorar as condicións de vida poñendo as persoas no centro das políticas”. 

Por último, Gómez Reino referiuse hoxe ao tirón de orellas da Unión Europea ao Estado pola non renovación CGPJ. “¿Quen pode pensar que un poder do Estado pode continuar ilimitadamente o seu mandato pese a ter caducado. Ninguén. Bruxelas tampouco e pide que se limiten as súas competencias mentres non se produza esa urxente renovación.   É fundamental que o PP deixe de bloquear un órgano fundamental para a democracia como o Consello Xeral do Poder Xudicial”, rematou. 

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.

E aquí a rolda de prensa.