Gómez Reino: «É indigno que Juan Carlos de Borbón pretenda regularizar hoxe o que parece que defraudou aos cidadáns sendo Xefe do Estado»

«É unha burla á xustiza, insulta á nosa democracia e semella a derradeira broma desta monarquía que o faga precisamente hoxe desde o seu retiro fastuoso en Abu Dabi»

A Coruña, 6 de decembro de 2020.- ‘É indigno, impropio dalguén que foi Xefe de Estado e unha burla da monarquía á nosa democracia». O deputado de Unidas Podemos e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, valoraba hoxe con esta contundencia as últimas informacións sobre o rei emérito, que apuntan a que presentou documentación en Hacienda para regularizar a súa situación fiscal.

Segundo publica El País esta regularización afectaría unicamente a unha das cuestións polas que Galicia en Común leva pedindo explicacións nas ultimas semanas, o uso de fondos opacos tras deixar a Xefatura do Estado.

«É indigno que Juan Carlos pretenda regularizar agora o que defraudou durante tantos anos e o faga a corpo de rei no seu retiro en Abu Dabi», asegurou Gómez Reino. O portavoz considera que «unha regularización catro meses despois de fuxir non vai blanquear ou reparar o enésimo escándalo do rei emérito e, dende logo, segue sen aclarar os 65 millóns de Suiza ou a existencia de contas en paraísos fiscais».

«Podemos repasar a lista dos nomes coñecidos que optaron pola regularización fiscal á ultima hora para evitar o cárcere no que atopamos moitos futbolistas e xentes do mundo do espectáculo. É, cando menos, impropio e asombroso que o que fora Xefe do Estado pretenda que por esta vía vai eludir a xustiza asumindo que durante anos e anos estafou aos cidadáns restando recursos, coa súa presunta fraude, a nosa sanidade pública», manifestou.

O deputado de Unidas Podemos e voceiro de Galicia en Común tamén se referiu ao chat e ás misivas enviadas por exmilitares ao rei sinalando que tras «as ameazas de militares do pasado, e o silencio de institucións anacrónicas como a monarquia, chegou o momento de pasar a páxina do pasado de forma definitiva».

Nesa liña Gómez Reino apuntou que o que cómpre agora é «dar a palabra á cidadanía sobre a forma e a xefatura de Estado que mellor pode impulsar o constitucionalismo democrático e social do futuro».