Gómez Reino: “É o momento dunha intervención pública que salve os postos de traballo en Alcoa”

A Coruña, 9 de outubro de 2020.- O Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem- Galicia en Común entende que “é o momento  de intervir publicamente a factoría de San Cibrao” tras a negativa sistemática de Alcoa de vender a compañía e salvar así os máis de 500 postos de traballo directos e preto doutros 500 indirectos que dependen da continuidade da fábrica.

O voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, lembrou que “o goberno do Estado está xa traballando vía avogacía do Estado para poder intervir Alcoa con todas as garantías” e fixo referencia á proposta do grupo confederal de que mediante a SEPI (Sociedad Estatal de Participacións Industriais) se interveña a factoría para que se manteña operativa, coas cubas funcionando e co obxectivo de salvar os postos de traballo. 

“Existe un consenso total entre traballadores, sindicatos e Goberno central”, insistiu o deputado, “en sinalar a mala fé deliberada coa que vén actuando Alcoa durante todo o proceso, xogando con centos de familias da zona da Mariña». «

Gómez Reino tamén pediu «implicación á Xunta para que, coas diferentes autoridades, impidan o peche das cubas. Estaremos cos traballadores, como estivemos durante todo este tempo, defendendo unha intervención pública que salve unha industria estratéxica para a Mariña, para a provincia de Lugo e para Galicia».

Podes descargar as declaracións do voceiro aquí