Gómez Reino: «Estamos moi preto de acadar un Goberno de cambio para unha Galicia con futuro»

«É fundamental a mobilización do voto progresista nestas tres semanas para que o cambio que Galicia precisa sexa unha realidade a 13 de xullo» 

«É fundamental entender que se votamos todas, Feijóo perde», reiterou o candidato da coalición

A Coruña, 21 de xuño de 2020.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, asegurou que  «estamos moi cerca» dun Goberno de futuro. «Estamos tan só a un punto porcentual de que haxa unha maoría progresista  en Galicia polo que chamamos a mobilización de todos e todas as que piden cambio». «Se votamos todas, Feijóo perde», afirmou. 

«As diferentes enquisas que saen hoxe, tanto de  Sondaxe como as outras, indican claramente unha subida na intención de voto para  Galicia en Común-Anova Mareas- «Estamos collendo forza para ocupar o espazo que nos corresponde para ser unha forza clave para ser parte dunha maioría de cambio e alternativa para o país», manifestou Gómez Reino. 

«Non estaremos satisfeitos mentres o PP teña a maioría. En todo caso, cómpre insistir nas tres semanas que restan até o 12 de xullo na mobilización do voto progresista porque estamos moi preto, repito, tan só a un punto de acadar un Goberno de cambio  para  dar un xiro a política galega a partir do 13X». 

O voceiro da coalición respostaba así as preguntas dos medios antes do inicio do acto sobre a Renda Garantida da Cidadanía Galega que tiña lugar esta mañá na Praza do Ovos da Coruña e na que o candidato estivo acompañado por Martiño Noriega, Xulio Ferreiro, Concha Fernández e Saínza Ruiz. 

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.