Gómez-Reino: “Este 1 de maio anticipa un ano de mobilización social e electoral progresista”

O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino considerou que as mobilizacións de traballadores e traballadoras este 1 de maio anticipan “un ano de mobilización electoral progresista”.

“Os traballadores e traballadoras ímonos mobilizar para que este ano, tanto no ámbito municipal como no estatal e nos diferentes ámbitos sigamos tendo gobernos de progreso”, dixo Gómez-Reino, quen participou na manifestación en A Coruña convocada por CC.OO. e UXT, xunto co candidato de Por Coruña á alcaldía, José Manuel Sande.

Gómez-Reino e José Manuel Sande na manifestación do 1 de maio en A Coruña.

“Mobilizarse o 1 de maio é absolutamente clave”, dixo. “As mobilizacións foron chave para acadar cuestións básicas que temos que seguir reivindicando. Temos que seguir reivindicando non so subidas do Salario Mínimo Interprofesional, senón subidas de salarios en xeral. É absolutamente fundamental”, agregou Gómez-Reino, facendo alusión ao contexto inflacionario.

Así mesmo, o deputado de Galicia en Común aproveitou a efeméride para por en valor o acadado pola reforma laboral.

“Creo que hai que reivindicar a reforma laboral, que foi absolutamente fundamental para combater, dunha vez por todas, a precariedade e a temporalidade”.

“É fundamental tamén por en valor o que se está a facer en políticas de igualdade no mercado laboral, acabando coa fenda laboral, avanzando en dereitos para as traballadoras do fogar ou a equiparación dos permisos de paternidade e maternidade”.

“Mobilizarse o 1 de maio é absolutamente chave e entramos nun ano no que tamén é importante mobilizarse electoralmente para conseguir que continúen os gobernos de transofrmación e de progreso”.

Escoita aquí a declaración