Video: https://bit.ly/2ZPLtLI
Congreso, 4 de xaneiro de 2019. Antón Gómez-Reino valorou este sábado no Congreso de xeito «positivo»o discurso do candidato á presidencia, porque «podemos ver como despois de todo este ciclo político por fin un candidato incorpora moitas das demandas que eran do conxunto da cidadanía e que traía o noso grupo a esta cámara.
«Aspirábamos, como decíamos en campaña, a que Galicia estivese no Goberno, e creo que co acordo programático que presentamos hai uns días, demóstrase que Galicia está no Goberno», sinalou o deputado.
Gómez-Reino mencionou varias das medidas citadas no discurso de investidura e que constan no acordo programático firmado entre Unidas Podemos e o PSOE, como a recuperación e devolución á cidadanía galega do Pazo de Meirás.
Tamén a defensa da industria e os sectores estratéxicos do noso país e das electrointensivas, como Alcoa ou Ferroatlántica.
Ademais, unha cuestión chave para o rural galego, o contrato de titularidade compartida, que incorporará a máis de 30.000 mulleres que se adican ao ámbito agrario no noso país e que poden ser titulares das súas explotacións.
«Entendemos positivamente a mensaxe do candidato á presidencia e sobre todo, congratulámonos de ver que as medidas que Galicia en Común e Unidas Podemos levamos defendendo moito tempo, están por fin nun programa de Goberno», concluiu