Galicia en Común garante que se está no Goberno «apostará por resolver os problemas do rural e do sector agrogandeiro galego»

Santiago, 28 de outubro de 2019. Antón Gómez-Reino mantivo este luns unha xuntanza con Unións Agrarias para falar das demandas do sector e trasladarlles as nosas posicións a nivel de programa.

Na xuntanza, o deputado e candidato comprometeuse a que, «se existe un Goberno de esquerdas a partir do 10 de novembro, no que esté Galicia en Común e Unidas Podemos no marco do Estado, a política de defensa do sector primario galego vai estar na cabeza dese Goberno, e na axenda política desde o primeiro día».

Gómez-Reino mostrou a vontade do noso grupo para chegar a acordos despois do 10 de novembro para que, entre outras cuestións, se poda poñer o campo, ao sector agrario, ao lácteo, e aos sectores da producción primaria no centro da acción de Goberno.

«Compartimos diagnose sobre as problemáticas que ten o noso país. É imprescindible abordar unha reforma da PAC que redistribúa as axudas e na que Galicia reciba o que merece», sinalou o deputado e candidato.

Con respecto das axudas comunitarias, na xuntanza abordouse a cuestión do prezo do leite e do imprescindible que é sentar dunha vez por todas ás distribuidoras e ás grandes industrias lácteas «para que se deixen de pagar por debaixo dos costes de producción».

«Falamos tamén de moitas outras problemáticas vinculadas ao noso ámbito agrario, como a despoboación e os incendios», concluiu o deputado.