Gómez Reino: “Hai argumentos xurídicos para que AP9 sexa pública e gratuíta a partir de 2023”

Unidas Podemos insta a Transportes a que estude a posible ilegalidade do decreto de Aznar que ampliou a 2048 a concesión pola construción do tramo Fene-Ferrol

“Ábrese unha fiestra de oportunidade para recuperar a autoestrada no 2023 e que sexa, dunha vez por todas, pública, galega e gratuíta”

Madrid, 25 de febreiro de 2021.- O Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de presentar este mediodía unha iniciativa parlamentaria na que se pón o foco na posible ilegalidade do Real Decreto asinado por Aznar no ano 2000 que ampliaba a concesión da AP9 a Audasa ata o ano 2048 a cambio de construír o tramo de nove quilémetros que une Ferrol e Fene.

“Instamos ao Ministerio de Transportes a que avalíe a legalidade deste Real Decreto”, sinalou Gómez Reino, “xa que temos argumentos xurídicos para entender que se puido incumprir a directiva comunitaria en materia de contratación pública”, sinalou hoxe o deputado galego Antón Gómez Reino. 

No ano 2000, o goberno popular de José María Aznar adxudicou de maneira directa a Audasa un tramo novo de autopista que non se recollía no proxecto inicial de 1973, onde só se contemplaba que a autoestrada iría dende Fene ata a fronteira con Portugal.

“Co traballo xurídico que fixemos na revisión dos decretos atopamos un camiño”, indicou o deputado galego da formación, “para poder anular as disposicións deste Real Decreto e, con el, a ampliación da concesión ata o 2048. “É dicir, que se abriría unha fiestra de oportunidade para recuperar a autopista no 2023 e que sexa, dunha vez por todas, pública, galega e gratuíta”.

Para Unidas Podemos, a ampliación da concesión a Audasa ata o 2048 a cambio de construír o tramo entre Fene e Ferrol incumpliría os principios de igualdade e publicidade que recolle a Directiva 93/37/CEE, vixente no momento de aprobación do mencionado Real Decreto. “Non estamos a falar dunha ampliación de carrís en Compostela ou na Ponte de Rande, que  poderían entenderse como unha modificación da concesión a Audasa, senón que estamos a falar da construcción dun novo tramo de 9,1km que debería ter ido a concurso”.

A iniciativa rexistrada por Unidas Podemos insta ao Ministerio de Transportes a que estude a fondo este asunto, coa mira posta na recuperación da infraestrutura no 2023. 

“Se a nosa iniciatia fructifica e o RD que ampliou pode que irregularmente a concesión até 2048 decae, entedemos que con cáracter próximo se podería abordar xa a recuperación desta infraestructura para o público tal e como levamos cinco anos pedindo nesta Cámara”, apuntou Gómez Reino. “A AP-9 é estratéxica para a realidade económica e social de Galicia, conecta ao 70% da poboación e é unha anomalía entre as autoestradas do Estado con peaxes abusivas para unha obra absolutamente amortizada que o bipartidismo entregou a intereses privados”, lembraba o deputado pola Coruña. 

Ademais de instar o Ministerio de Transportes na iniciativa parlamentaria, -sinalou Gómez Reino- desde Unidas Podemos solicitaremos unha xuntanza cos seus responsables para abordar o rescate de Audasa, ademais de reunirnos coa sociedade civil en Galicia que leva anos traballando nesta dirección para aproveitar “esta fiestra de oportunidade xurídica que nos pode levar, no 2023, a revertir esta anomalía na Autoestrada do Atlántico para que, como dixemo, sexa dunha vez por todas galega, pública e gratuíta”. a

Aquí podes oír e descargar o audio de Gómez Reino.

E nesta ligazón, ver a rolda de prensa íntegra.