Gómez Reino: ‘Hai que reformular a UE para fornecer o Estado de benestar e abandoar a versión que privilexia ás elites financieiras’

«Europa non só se xoga a recuperación tras a pandemia senon tamén a esencia do modelo europeo», sinalou o deputado galego ante a Comisión Mixta da UE

Madrid, 26 de novembro.– «A UE, no seu deseño actual, non pode cumprir os obxectivos para os que naceu como proxecto compartido: fornecer o Estado de dereito, a garantía nos dereitos sociais, empregro digno e xustiza social. Cómpre deixar atrás a Unión Europea máis pegada as políticas neoliberais dos Acordos de Maastrich e traballar por unha UE que poña ás institucións ao servizo da cidadanía e non das elites financieiras».

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, tomou hoxe a palabra na Comisión Mixta da Unión Europea do Congreso dos Deputados para facer fincapé na necesidade de seguir na senda da cooperación e a solidariedade que amosou a Unión Europea na saída da crise sanitaria.

«Somos moitos os que dentro do proxecto europeo os que non queremos repetir os erros da crise financieira do 2008», sinalaba Gómez Reino, que apostaba por «procurar unha saída común que beneficie a toda Europa e sente precedente.

«A pandemia non se pode tomar como a excepción porque xa evidenciou as insuficiencias estructurais polo que cómpre pensar xa na Europa do futuro e dos tempos que veñen», recalcou o deputado galego e vicepresidente de Asuntos Exteriores.

A remuda da UE pasa, -sinalou Gómez Reino- pola suspensión definitiva do Pacto de Estabilidade e Crecemento, porque o Banco Centro Europeo opere como un verdadeiro banco central e armonizar as políticas fiscais para pór fin aos paraísos que xeran desigualdade social.

«Europa non só se xoga a recuperación tras a pandemia senon tamén a esencia do modelo europeo», remarcaba o noso deputado, que instaba a Comisión a traballar para reformular a UE en base aos principios de solidariedade e coperación que a viron nacer.

No que atinxe ao eido rural, que ten un peso específico para Galicia tanto no campo como no mar, Gómez Reino abogou por «impulsar medidas que reenfoquen o modelo de producción agropecuario e pesqueiro, repensar a PAC e avanzar cara a transición ecolóxica».

Nesta ligazón podes ver a intervención completa do deputado galego.