Gómez-Reino: «Hoxe é un bo día para a xustiza social e para a xustiza fiscal»

Madrid, 18 de febreiro de 2020.- Antón Gómez-Reino, voceiro no Congreso e Presidente da Comisión de Traballo, Inclusión e Seguridade Social e Migracións, destaca que a derogación do artigo 52.d do Estauto dos Traballadores «é unha medida que avanza na xustiza social ante a vulneración de dereitos laborais».

O voceiro celebra a medida impulsada dende o Ministerio liderado por Yolanda Díaz, resaltando que «iníciase o desmantelamento da reforma laboral do Partido Popular a través da derogación dun artigo lacerante que permitía despedir a traballadores e traballadoras por baixas médicas xustificadas».

En declaracións previas á Xunta de Voceiros, Gómez-Reino salientou que «ademais de ser un bo día para a xustiza social é tamén un bo día para a xustiza fiscal». A aprobación da ‘Taxa Tobin’ e a taxa sobre determinados impostos dixitais, «reforza as políticas públicas en favor das maiorías sociais».

Deste xeito, o voceiro de Galicia en Común respalda as medidas adoptadas polo Consello de Ministros, apuntando que, «fronte aos agoreros da destrución da economía, este Goberno esta sacando adiante políticas coherentes que avanzan no camiño da xustiza social».