Gómez Reino insta ás Administracións que impulsen proxectos en Ferrolterra ao abeiro dos fondos europeos

O deputado galego vén de rexistrar a iniciativa no Congreso tras a folga comarcal do pasado 10 de marzo contra a desertificación industrial e a falla de contratos no naval

Madrid, 12 de marzo de 2021 .- Xerar e manter o emprego, impulsar a actividade económica e empresarial nas comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal son algunhas das cuestións urxentes nas o deputado galego de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, fai fincapé na iniciativa parlamentar que vén de rexistrar na Cámara Baixa.

“A inacción da Xunta de Galicia no exercicio das súas competencias en materia de planificación económica, emprego e, sobre todo, de promoción industrial, ten como consecuencia que as comarcas coruñesas do Eume, Ferrolterra e Ortegal padezan dende hai décadas unha severa crise económica, social e demográfica que ameaza o futuro das máis de 188.000 persoas que viven nos seus municipios”, indicou o voceiro da formación, que o pasado mércores 10 de marzo acompañou á veciñanza de Ferrol na gran mobilización unitaria que paralizou a comarca.

Gómez Reino insta ás Administracións públicas a que impulsen proxectos empresariais en Ferrolterra no marco dos fondos europeos para a recuperación, “unha moi boa ferramenta para impulsar de novo unha comarca que leva moito tempo abandonada polo señor Feijóo e que se enfronta agora a unha nova crise económica”.

Nese sentido, o deputado sinala na iniciativa que «o fracaso dos plans de reconversión e reestructuración para a industria naval aplicados no pasado, o proceso de deslocalización de empresas e, a inacción da Xunta de Galicia, require unha resposta firme por parte das administracións», sobre todo tras o anuncio de peche de empresas como Siemens Gamesa ou Endesa As Pontes.

Os datos falan por si sós: O paro rexistrado en Ferrolterra medrou un 292% dende o ano 2005, pasando das preto de 3.000 persoas inscritas como demendantes de emprego dende o ano 2005 ás máis de 11.700 en xaneiro de 2021. OS datos son especialmente sangrantes no caso das mulleres, xa que o desemprego feminino medrou un 320% no mesmo periodo.

Aquí podes consultar a moción rexistrada no Congreso polo grupo confederal de Unidas Podemos.