Gómez Reino: “Ninguén nos vai dicir que é defender a Galicia. Xa o facemos no Consello de Ministras e farémolo no Goberno da Xunta”

Yolanda Díaz: “Feijóo é un presidente virtual que é derrotable. Este domingo daremos esa batalla”

Martiño Noriega: “Temos un presidente tóxico que antepón os seus miserables cálculos electorais sobre a saúde. Apartandoo xa gañamos todas”

Luca Chao: “Este domingo obrigaremos a rectificar a Feijoó cos noso votos”

Jorge Suárez: “É tempo de tumbar ao rei dos caciques”

Ferrol, 9 de xullo.- A praza do Inferniño de Ferrol acolleu este mediodía o acto central de Galicia en Común-Anova Mareas nun acto no que interveu, na súa cidade natal, a Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, xunto ao candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, xunto con Martiño Noriega, o exacalde da cidade naval, Jorge Suárez, e as candidatas pola Coruña, Saínza Ruíz e Elena Pernas. 

“Ninguén nos vai a dicir o que é defender a Galicia e as galegas e galegos. Defender Galicia é o que xa estamos a facer no Consello de Ministras e defender Galicia é o que faremos, a partir do luns 13, desde o Goberno da Xunta”.  Antón Gómez Reino tomou a palabra en Ferrol, no que pasou un ano da súa infancia, para agradecer o traballo feito por transformar a cidade por Ferrol en Común e ao resto das mareas municipalistas.  

“Vaia sí se nota que Galicia está no Goberno, vaia si se nota. Son, están a ser as mulleres galegas as que están a marcar o camiño das políticas mais avanzadas e progresistas deste país pola esquerda e cunha ministra ferrolana e feminista”, remarcou Gómez Reino. 

“Temos que impugnar o relato do PP de que Feijóo é invencible, como creron que era invencible Fraga. ¿Vichedes como escapaba Feijóo de Verín onde o agardaron con cacerolas?, preguntou ao auditorio. “Verín non pecha e non esquece. Verín marca o camiño dunha alternativa de cambio para este país. Nos quedan catro días dos tempo difíciles e escuros de Feijóo. Nos estamos a xogar acabar coa Galicia opaca en branco e negro de Feijóo por outra colorida,  diversa e de futuro”, reinvidicou. “O voto para Galicia en Común vale dobre porque constrúe maioría de esquerdas e restalle escanos ao PP”. 

“Temos o compromiso firme e determinado de rexenerar as nosas rías. A de Ferrol pero todas as nosas rías porque precisamos dun compromiso e unha dirección política que diga que os noso ecosistemas son claves. Precisamos un Goberno galego que quera e faga barcos”

“Estou na miña casa”, manifestou a  Ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, abrindo a súa intervención entre aplausos. “Dixen no Senado que aquí, en Ferrol, a miña casa e a da miña filla, sabemos facer barcos. Facer barcos non é só  construir buques: é un modo de vida. Estou orgullosa de ser de aquí e dos que me ensinaron a ser como son e fago o qe fago porque aquí o aprendín. Nunha cidade dura e combativa onde aprendimos a ser solidarios para defender a vida e arrimar o hombreiro para saír adiante”.  

“Pódese gobernar para a xente. Esto é o que estamos a facer no Goberno de España e isto é o que faremos con Galicia en Común no Goberno da Xunta e con Antón Gómez Reino como garantías”. “Sei que non é doado. Os inimigos son moi fortes”, manifestou Díaz. “Veño de dicir que o teletraballo non pode ser un novo xeito de explotación laboral. Ten que ser con garantías e dereitos, con diálogo social sempre e sen que esquecer de que lado estamos e a quen representamos”, incidiu. 

“Feijóo é un presidente virtual que é derrotable. Este domingo daremos esa batalla para derrotalo”, rematou a ministra ferrolana. 

A candidata Luca Chao, número dous pola Coruña, tomou a palabra para facer un chamado o domingo ás urnas con dereitos e garantías democráticas e sanitarias para todas. “Estanse rindo na nosa cara. Feijóo está a inaugurar unha nova disciplina que é a epidemioloxía electoral cun confinamento de cinco días. Só temos o 12 de xullo para obrigaros a  rectificar”, proclamou Chao. 

“O 13 de xullo daremos volta a unha Xunta corrupta onde o señor Feijóo lle perdeu o respecto á cidadanía galega e puxose a xogar coas nosas vidas e coa democracia. Temos unha responsabilidade histórica para impedirllo”, dixo Chao, que fixo un chamado as mulleres a mobilizars: “cos nosos dereitos non imos permitir ningún paso atrás. O domingo temos que ser firmes”, rematou.

Martiño Noriega, pola súa banda, puxo o foco “na toxicidade” do aínda presidente da Xunta, Núñez Feijóo,  que “antepuxo os seus miserables cálculos electorais por riba das vidas e da saúde”. “Diante das cuestións de saúde pública da xente e dos dereitos fundamentais el elixe o seu egoísmo. Retrátase. Unha persoa que nos fai máis vulnerables, é unha persoa tóxica para este país! Apartándoo, este domingo, xa gañamos todas”, remarcou Noriega. . 

O exalcalde de Ferrol, Jorge Suárez, tomou a palabra no acto para facer bandeira “dunha ministra, a nosa ministra, que agora é de todas e todos. Desde o desde o diálogo e o consenso, sen facer grandes alardes, con traballo, está conseguindo poñer ás clases traballadoras no centro. Imos lograr unha maioría de esquerdas que tumbe dunha vez ao rei dos caciques, a Núñez Feijóo”, proclamou.

No acto, tamén interviñeron as candidatas Saínza Ruiz e Elena Pernas, que puxeron o foco na ausencia abolsuta de políticas sociais do PP de Feijóo desde o 2009 para os coidados, os maiores e a conciliación. “Once anos de Feijóo non serviron de nada. Recortes, recortes e recortes. Iso foi o que fixo”, concluíu Ruíz. 

Aquí tes o vídeo do acto.