Gómez Reino: «Non deixaremos caer Alcoa. O meu compromiso é exercer todas as competencias en Industria e dar a batalla polos empregos»

“Hoxe comprobei que o CEIP de Sarria é unha auténtica película de terror. Exemplo dramático do desprezo absoluto do PP de Feijóo pola escola pública galega» 

Lugo, 26 de xuño de 2020.- O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia en Común-Anova Mareas,Antón Gómez Reino acudiu esta tarde á cidade de Lugo acompañado doutras candidatas da coalición ao Parlamento Galego, entre eles o cabeza de lista pola provincia, Miguel Anxo Fernán Vello ou a número 1 por Pontevedra, Eva Solla.

No centro da cidade amurallada, Antón Gómez Reino comprometeuse “a traballar arreo a partir do 13 de xullo exercendo as competencias que o artigo 30 do Estatuto de Autonomía lle da ao goberno galego en materia industrial para non deixar caer Alcoa e salvar a Mariña lucense do abandono ao que a ten sometida o goberno de Núñez Feijóo”.

Gómez Reino propuxo “un proxecto de reindustrialización do país en vez dunha Galicia desindustrializada á que nos aboca a falta de liderazgo de Feijóo”.

No seu discurso, o candidato apostou por “unha Galicia orientada ao século XXI fronte a un país sen ensinanza pública como quere o PP do señor Feijóo».

Antón Gómez Reino lembrou os casos de corrupción que afectaron á provincia de Lugo nos últimos anos como “Carioca, Campeón ou Pokemon” e preguntouse «se este é o motivo polo cal Feijóo escondeu as siglas do PP na campaña electoral».

«Chamamos á maioría progresista deste país porque se imos votar o 12 de xullo, Feijóo perde».

Gómez Reino engadiu que «nestes 15 días de campaña, a máis decisiva da historia, hai que pelexar por cada voto para conseguir un goberno de futuro. a partir do 13 de xullo».

O cabeza de lista por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, apelou ao futuro asegurando que “despois de 11 anos de desgoberno de Feijóo, Galicia precisa afrontar os 20 anos do presene século exercendo o seu autogoberno de forma que permita trazar as liñas necesarias para atinxir un estado de benestar”.

A número 1 por Pontevedra, Eva Solla fixo referencia aos coidados e a necesidade de «elixir entre un goberno que deixa morrer a anciáns más residencias de maiores ou o goberno que se preocupa dos coidados». 

Lembrou que «Galicia é a única comunidade autónoma do Estado que aínda non abriu os centros de día. Só se pode escoller entre estar coa clase traballadora, coas persoas con menos recursos ou cos poderes económicos».

Aquí podes escoitar a intervención de Gómez Reino.

E aquí podes ver a intervención completa.